Podemos Galicia toma posicións ante as municipais e o novo proxecto de Yolanda Díaz

Realiza unhas xornadas nas que participan todos os grandes cargos que ten en Galicia e en Madrid co fin de "atoparse tras dous longos anos" de pandemia e para "sumar" de cara ás municipais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/06/2022 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Podemos Galicia volve a activarse. Tras meses, case dous anos, desde o batacazo electoral das eleccións galegas de 2020, sen case actividade política, Podemos Galicia decidiu impulsar a súa actividade política e o fará cun gran encontro esta fin de semana no que pretende sentar as bases para o seu futuro papel nas municipais do vindeiro ano.

Yolanda Díaz, Pablo Iglesias, Jorge Suárez e Antón Gómez Reino nun acto electoral
Yolanda Díaz, Pablo Iglesias, Jorge Suárez e Antón Gómez Reino nun acto electoral | Fonte: EP

Tras a decisión de Yolanda Díaz de impulsar unha nova alianza de forzas de esquerda, Sumar, Podemos Galicia anuncia agora que tamén quere "sumar". Por iso, o  encontro pretende concitar o "potencial militante da organización de cara un ciclo electoral" marcado polos comicios municipais co reto de reforzar e consolidar a estrutura local.

De feito, entre os temas a tratar neste encontro, no que participarán os princiapis cargos orgánicos que ten esta formación tanto en Galicia como en Madrid, están os de analizar posibles alianzas de cara ás municipais. Deste xeito, Podemos quere "posicionarse" para que, no caso de que haxa novas plataformas locais, ter unha cota de participación importante nas mesmas, como xa acontecera coas grandes mareas locais de Ferrol, A Coruña ou Santiago.

O propio coordinador autonómico de Podemos-Galicia, Antón Gómez Reino, amosou en público unha "total sintonía "co proxecto de Yolanda Díaz, de quen afirma que “representa a esperanza” de moita a xente, e admitiu que o inicio do seu proceso de escoita supón a oportunidade de “articular unha alternativa de país, digno, xusto e con futuro”. “Podemos Galicia estará presente nas próximas municipais no maior número de concellos galegos sumando con aquelas organizacións, movementos sociais e cidadáns que queiran mellorar os seus pobos e as vidas da veciñanza”, indica Gómez Reino.

XORNADAS PARA "ATOPARSE"

Nestas xornadas, que terán lugar durante a fin de semana, a militancia de Podemos Galicia compartirá un espazo de formación, posta en común e ocio . "A intención desta iniciativa é atoparse tras dous longos anos nos que a pandemia mudou a forma de relacionarse e recuperar o pulso militante para reforzarse e sumar de cara as municipais galegas", aseguran desde Podemos Galicia.

O encontro está dividido en tres xornadas e será o sábado o día onde se concentrarán o maior número de actividades. Os temas que se tratarán irán dende as cuestións programáticas e de discurso ata unha mesa final na que se debaterá sobre o ciclo político que vén. 

Nesta xuntanza participarán múltiples fcargos de Podemos dos distintos territorios como a secretaria de Estado de Igualdade, Ángela Rodríguez Martínez, a directora do Injuve, María Teresa Pérez, o secretario xeral do Grupo parlamentario confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común, Txema Guijarro, o deputado Gerardo Pisarello ou a deputada na Asamblea de Madrid, Alejandra Jacinto. 

Asistirán tamén e participarán o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, a concelleira da Coruña Isa Faraldo, a concelleira de Vilagarcía María de la O Fernández, a secretaria de ensino de Podemos Galicia, Julia Torregosa, e o coordinador do grupo parlamentario Galicia en Común, Xiao Varela, entre outras. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rui do

A por nuevas poltronas