UU.AA. alerta de que a situación no sector cárnico "empeora co tempo" e urxe "solucións"

Pide que se dean axudas "xa" e que se faga cumprir a lei de cadea alimentaria.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 17/06/2022 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

O secretario de Acción Sindical de Unións Agrarias (UU.AA.), Félix Porto, alertou este venres, nunha rolda de prensa en Lugo, de que a situación no sector cárnico "empeora co paso do tempo, e o peor é que non se achegan solucións".

Porto advertiu de que "a realidade é que se incrementan os custos de produción", e debullou que "a luz se incrementou un 63 por cento, o gasóleo o 110 por cento e os pensos un 50 por cento". En base a un estudo da Xunta expuxo que "os custos de produción" neste sector "están ao redor de 6 euros ou seis euros con quince" por quilo de carne.

"É verdade que hai uns meses estabamos peor porque se pagaba o quilo ao redor dos 4,5 euros e agora a 5,20 ou 5,50. Produciuse un incremento pero lonxe aínda de cubrir custos", protestou.

Por iso, apreman ás distintas administracións a "actuar", sobre todo á Xunta de Galicia, e apuntou a urxencia de que se dean xa "axudas", que se sitúen ao mesmo nivel do sector lácteo, e que se faga cumprir a "lei de cadea alimentaria". "Xa non é só que se cubran os custos de produción, senón que empecen a ser rendibles", reivindicou finalmente Félix Porto.

Na actualidade "sobreviven" 8.500 granxas de carne en Galicia, das que 8.050 son de Tenreira Suprema e o resto, 450, de tenreira. Un 60 por cento destas explotacións está rexistrado na provincia de Lugo.

Vacas. MERCEDES RANCAÑO OTERO
Vacas. MERCEDES RANCAÑO OTERO | Fonte: PERCDS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta