O PPdeG pide que o Goberno introduza a recollida separada de biorresiduos segundo a norma europea

O partido popular asegura que se trata dun período "practicamente inasumible". Lembran ademais que o incumprimento deste prazo leva aparellado sancións de ata 100.000 euros para as entidades locais, xa que a lei estatal considera este feito como unha infracción grave.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2022 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

O PPdeG presentará mocións nos Plenos municipais para instar o Goberno central a ampliar o prazo fixado na súa Lei de residuos e permitir así que os concellos de máis de 5.000 habitantes implanten a recollida separada de biorresiduos "seguindo o estipulado na Directiva europea e na Lei de Residuos de Galicia, que fixan a data límite en decembro de 2023".

Nun comunicado explican que o pasado abril entrou en vigor a Lei de residuos e chans contaminados para unha economía circular, que introduce a esixencia de que os municipios superiores a 5.000 habitantes implanten antes de 30 de xuño de 2022 o container marrón.

Para os populares isto supón "unha enorme contradición", xa que tanto o Directiva Marco de Residuos europea como a Lei de Residuosde Galicia sitúan o prazo para ter o quinto colector a finais do próximo ano, sen diferenciar ademais aos municipios en función da súa poboación.

Critican que esta "inxusta" decisión do Goberno central reduce os tempos en 18 meses e dálles "só dous ás entidades locais afectadas tras a entrada en vigor da lei". En Galicia isto afecta, destacan, a máis dun cento de concellos, "obrigados a acelerar un proceso que leva meses instaurar".

O partido popular asegura que se trata dun período "practicamente inasumible". Lembran ademais que o incumprimento deste prazo leva aparellado sancións de ata 100.000 euros para as entidades locais, xa que a lei estatal considera este feito como unha infracción grave.

Colectores de reciclaxe de Sogama. EUROPA PRESS - Arquivo
Colectores de reciclaxe de Sogama. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta