Rueda pide "sentidiño" para as festas de San Xoán porque aínda "se seguen producindo contaxos de covid"

O presidente da Xunta aproveitará a ponte para volver facer o Camiño de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/06/2022 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que aproveitará a ponte de San Xoán para volver facer o Camiño de Santiago, recomendou aos galegos que "o pasen ben" pero que teñan "prudencia" e "sentidiño" para as celebracións da noite do 23 ao 24 de xuño.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda,
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, | Fonte: Xunta.

Rueda desexou que "mellore" a climatoloxía para que así se poidan acender as fogueiras despois de dous anos de restricións pola situación sanitaria, pero insistiu en reclamar "moitísima prudencia" porque aínda "se seguen producindo contaxos de covid".

Con todo, Rueda non gozará das celebracións do San Xoán. "Non vou poder, porque vou aproveitar o festivo de mañá (este venres, día 24) para collerme tres días e volver facer o Camiño de Santiago. A ver o que somos capaces de avanzar co grupo que imos sempre", comentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta