Os contaxios "oficiais" de Covid en Gaicia seguen por riba dos 1.300 diarios

Baixan, pola contra, as hospitalizacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2022 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectou no último día 1.293 novos contaxios de covid-19, cos que os casos activos da enfermidade en Galicia soben ata achegarse aos 13.000. Con todo, as hospitalizacións de persoas con coronavirus continúan en descenso con 473 pacientes, 18 menos que unha xornada atrás.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, os enfermos covid en unidades convencionais de hospitalización baixan a 455, 16 menos que 24 horas atrás, mentres que en unidades de coidados intensivos hai 18, dous menos.

Esta baixada replícase en catro das sete áreas sanitarias, pero a de Vigo marca a tendencia contraria con 95 ingresados (+4), ao subir os que están en planta a 93 (+5) a pesar da baixada dos da UCI a dúas (-1).

Ademais, as cifras de hospitalizados mantéñense estables nas dúas restantes: A Coruña-Cee, con 118 pacientes, dos que 10 están na UCI; e Lugo-A Mariña-Monforte, con 54, todos eles en unidades convencionais.

Das restantes, a que máis descende é a área de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 53 hospitalizados (-12), dos cales só un está en críticos; seguida das de Pontevedra-O Salnés, con 59 (-4), catro en coidados intensivos (sen cambios); de Ferrol, con 25 (-4), un deles na UCI (non varía); de Santiago-Barbanza, con 69 (-2), pero queda sen ningún crítico (-1).

CASOS EN ASCENSO

Por terceira xornada consecutiva dispáranse os casos activos ata alcanzar os 12.885 nos datos deste venres, que representan 933 máis que hai un día ao rexistrarse máis contaxios (1.293) que altas (359), ao que se engaden cinco falecementos. O venres 17 de xuño había 10.967 infeccións activas.

O ascenso é xeneralizado no sete áreas sanitarias galegas, coa área de Vigo como o de máis incremento, ata os 2.546 pacientes (+178), seguida da de Lugo con 1.568 en total (+174), da Coruña con 2.708 (+171) e de Santiago con 2.194 (+162). Tamén soben os casos activos na de Ourense, ata os 1.550 (+86); na de Pontevedra, a 1.467); e na de Ferrol, ata os 829 (+75). Así mesmo, hai 23 pacientes sen área sanitaria asignada.

MÁIS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de covid-19 detectados polo Sergas nun día descenderon a 1.293, que son 153 menos que os 1.447 dos notificados o xoves, tras os 1.432 do mércores. Co novo protocolo non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral, salvo á vulnerable.

FALECIDOS

As vítimas da pandemia da Covid-19 en Galicia rexistradas na web do Sergas aumentan a 3.569 despois de notificar este venres a Consellería de Sanidade cinco novos falecementos.

Xente paseando por Sanxenxo, pasadas as 01:00 horas, a 17 de xullo de 2021 / Beatriz Ciscar - Europa Press. / Europa Press
Xente paseando por Sanxenxo, pasadas as 01:00 horas, a 17 de xullo de 2021 / Beatriz Ciscar - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta