O Sindicato Labrego acusa á Xunta de permitir a venda a perdas por parte dos produtores de carne vacún

O sindicato incidiu en que os actores da cadea están "cómodos" pola "falta de control" e o "abandono" da Xunta á hora de velar polo cumprimento deste acordo de responsabilidade que implicaba a todos para evitar a venda a perdas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2022 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) acusou á Xunta de ser "cómplice" do incumprimento da Lei da cadea alimentaria e de permitir que continúe a venda a perda por parte dos produtores de vacún de carne.

Nun comunicado emitido este luns, o SLG remarcou que o acordo subscrito en marzo pola Consellería do Medio Rural con matadoiros, distribución e produtores para eliminar a venda a perdas é "fume" e pretendía "desmovilizar" ao sector sen recoller "ningún tipo de medida concreta".

O sindicato incidiu en que os actores da cadea están "cómodos" pola "falta de control" e o "abandono" da Xunta á hora de velar polo cumprimento deste acordo de responsabilidade que implicaba a todos para evitar a venda a perdas.

Por iso, asegura que o documento "nin sequera se axusta á lei" porque "non existe" ningún estudo de custos de produción nin están fixados os parámetros para o seu cálculo por parte do Ministerio de Agricultura.

Nesta liña, demanda a apertura dunha inspección para aclarar como se realizan estes contratos e pide que se actúe "de maneira inmediata" a través de sancións no caso de que non se axusten á legalidade.

Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG
Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta