Morre un home en Melide tras ser atropelado

Foi no centro urbano da localidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2022 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Un home duns 70 anos de idade faleceu en Melide ao ser atropelado por un vehículo na N-547, ao seu paso polo caso urbano da localidade.

O accidente tivo lugar pasadas as 9,00 horas deste martes, momento no que o persoal dunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que circulaba polo punto camiño doutro servizo, avisou ao 112.

Tras iso, o persoal do 112 Galicia avisou aos axentes da Policía Local, que xa tiñan coñecemento do suceso, á Garda Civil de Tráfico, así como aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Emerxencias sanitarias
Emerxencias sanitarias | Fonte: LUME, INCENDIOS, MONFORTE, SARRIA, CORISTANCO, MELIDE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta