Soben as reservas de auga nos encoros galegos grazas ás choivas das últimas semanas

A cifra actual na comunidade galega, que se atopa en prealerta por seca, de 2.085 hectómetros cúbicos está lonxe da cifra na mesma data de xuño de 2021 (2.502). A diferenza é máis acusada na comparativa coa media da última década (2.892).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2022 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

As reservas de auga dos encoros galegos atópase en 2.085 hectómetros cúbicos, o que supón un aumento de oito hectómetros cúbicos respecto de fai sete días, despois dunha semana con precipitacións abundantes na vertente atlántica do país, segundo os datos publicados polo Ministerio de Transición Ecolóxica este martes.

Deste xeito, as reservas hídricas atópanse no 56,1% dos 3.714 hectómetros cúbicos de capacidade posible, o que se traduce nun lixeiro repunte fronte ao 55,9% da anterior semana.

A cifra actual na comunidade galega, que se atopa en prealerta por seca, de 2.085 hectómetros cúbicos está lonxe da cifra na mesma data de xuño de 2021 (2.502). A diferenza é máis acusada na comparativa coa media da última década (2.892).

Os encoros de Miño-Sil, a conca máis caudalosa en Galicia, contan con 1.618 hectómetros cúbicos (dous máis que hai unha semana), é dicir, ao 53,4%. Hai un ano eran 1.983 hectómetros cúbicos (2.328 na media do últimos dez anos).

Pola súa banda, a cantidade de auga en Galicia Costa é de 467 hectómetros cúbicos (+6), sitúase no 68,3%. Está por baixo tanto da cantidade do ano pasado (519) como da media do últimos dez anos (564).

Ruínas da aldea de Aceredo, a 12 de febreiro de 2022, en Lobios, Ourense. A seca, producida nas concas galegas pola falta de choiva, deixou Aceredo ao descuberto, converténdose en atracción turística / Rosa Veiga - Europa Press.  / Europa Press

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta