Galicia ten 182 árbores de 79 especies diferentes recoñecidas como exemplares singulares

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2022 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

Galicia conta cun catálogo de 182 árbores de 79 especies diferentes recoñecidos como exemplares singulares que se sitúan en espazos naturais e en pazos, xardíns e parques.

Este martes, con motivo do Día mundial da árbore, a Xunta convidou a cidadanía galega a coñecer este patrimonio natural. "Este ano, quixemos celebrar esta xornada non só con plantacións, senón tamén desfrutando das árbores que levan moitos anos plantadas", destacou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

A responsable do Goberno autonómico participou este martes no acto institucional do Día da árbore, celebrado na localidade coruñesa de Padrón.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, nos actos do Día da árbore. LUÍS POLO
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, nos actos do Día da árbore. LUÍS POLO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta