Unha fochanca nunha pista de Lavacolla obrigou a desviar varios voos

Tiveron que desviarse tres voos e producíronse varios atrasos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2022 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Unha fochanca está na orixe do peche da pista do Aeroporto Rosalía de Castro de Lavacolla, en Santiago, durante unha hora e media. Unha incidencia que xa fora comunicado hai semanas por parte de distintos colectivos á Aena. Este peche non planificado provocou o desvío de voos cara a outros aeroportos da rede, co consecuente prexuízo para os usuarios e pasaxeiros.

Pista da terminal do aeroporto de Santiago de Compostela / Europa Press. / Europa Press
Pista da terminal do aeroporto de Santiago de Compostela / Europa Press. / Europa Press

Así o denuncia USO-AENA que apunta que o sucedido puido deberse a unha deterioración do pavimento da pista de aterraxe-despegue. "Cabe lembrar que, aínda que se recomenda efectuar un recheo do pavimento das pistas cada 10 anos, a última vez que se efectuou dita actuación no Aeroporto de Santiago-Rosalía foi en 2008, polo que superouse a vida útil do pavimento con fartura", critica.

Desde a sección sindical de USO-AENA no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro denunciouse en múltiples ocasións que a falta de persoal na área de mantemento do aeroporto provoca que non se poida realizar unha conservación exhaustiva das instalacións e unha análise e seguimento das necesidades que unha instalación tan complexa como un aeroporto require. "A ausencia dunha Sección de Obra Civil desde 2013, así como a non cobertura de baixas, provoca que non se poida cumprir cos plans e esixencias de mantemento estipulados por AESA", engade. Por iso, reclama o reforzo do persoal naquelas áreas con déficit.

A incidencia ocasionada causou atrasos en varios voos. Así mesmo, tiveron que ser desviados a outros aeroportos (dous á terminal da Coruña e un ao Porto) tres avións que tiñan como destino a terminal de Lavacolla, na capital galega. Os desvíos e voos afectados por atrasos afectaron varias decenas de pasaxeiros. O aeroporto compostelán opera con normalidade desde as 13,30 horas, despois de que os técnicos solucionasen a incidencia nunha zona da pista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta