Persoal da planta de Nueva Pescanova en Arteixo reclama "un convenio digno"

Denuncian o bloqueo da empresa nas negociacións .

Por Europa Press / Redacción | Arteixo | 04/07/2022 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

Persoal do centro industrial de Nueva Pescanova en Arteixo concentrouse este luns ás portas da planta para denunciar o bloqueo da empresa nas negociacións e para demandar "un convenio digno".

Concentración de traballadores e traballadoras da planta de Nueva Pescanova en Arteixo
Concentración de traballadores e traballadoras da planta de Nueva Pescanova en Arteixo | Fonte: CIG.

Segundo informou o sindicato CIG, a empresa "négase a asumir ningunha das melloras en materia económica, laboral e social" propostas polo comité, polo que iniciaron mobilizacións, que terán continuidade o vindeiro venres, cunha nova concentración no cambio de quenda.

Os representantes dos traballadores piden á empresa que estableza un incremento salarial igual ao acordado para as instalacións de Chapela e O Porriño, e unha suba lineal de 200 euros anuais para cada operario/a. Todo iso, co fin de evitar que "se amplíen as desigualdades" entre o persoal de Arteixo e a do resto de centros.

A CIG criticou tamén que Nueva Pescanova "non está disposta sequera a aceptar demandas que non lle supoñen custos adicionais", como eliminar a obriga de xustificar o permiso non retribuído de 10 días por ano (xa recollido no convenio); e tamén "rexeita regular a desconexión dixital", a pesar das frecuentes reunións telemáticas cos centros de América fóra da xornada ordinaria, debido á diferenza horaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta