Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2022 | Actualizada ás 18:47
Os grupos da Cámara galega acordaron instar á Xunta de Galicia a convocar e tramitar con celeridade unha liña de axudas específica para a prevención de danos por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e sociedades de fomento forestal (Sofor).
Así se contempla na iniciativa defendida polo Grupo Parlamentario do BNG na Comisión de Agricultura celebrada este mércores na Cámara galega. A proposición non de lei sinala que estes apoios sexan cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia.
No seu defensa, a deputada nacionalista María González Albert sinalou que estas liñas de axudas se convocaron con regularidade nos anteriores e pediu que se poñan en marcha este ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.