As primarias locais do PSdeG para as municipais de 2023 celebraranse antes de finalizar o ano

Deste xeito, o responsable de Organización apuntou que a intención da dirección é que se celebren antes de final de ano as primarias naqueles municipios de máis de 20.000 habitantes onde o PSOE non ostenta o bastón de mando.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2022 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O PSdeG planea celebrar as primarias para a elección dos candidatos ás eleccións municipais de 2023 nos concellos de máis de 20.000 habitantes, procesos dos que están exentos os actuais rexedores que teñan vontade de repetir como cabezas de lista.

Así o apuntou o secretario de Organización dos socialistas galegos, José Manuel Lage, que, este venres, incidiu en que na actualidade non hai ningún proceso interno en marcha e que corresponde aos órganos competentes activar estes procedementos.

"Todos os alcaldes e alcaldesas poderán ser candidatos salvo que haxa algún impedimento ou causa de forza maior", sinalou Lage Tuñas, que manifestou o apoio da dirección galega ao alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quen, ao seu xuízo, está a realizar "unha magnífica xestión" no seu regreso á política local.

Deste xeito, o responsable de Organización apuntou que a intención da dirección é que se celebren antes de final de ano as primarias naqueles municipios de máis de 20.000 habitantes onde o PSOE non ostenta o bastón de mando.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso | Fonte: PSdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta