Cae ao encoro das Cunchas un vehículo que realizaba tarefas de roza en Muíños

O conductor puido abandonar o habitáculo do camión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2022 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Un camión que realizaba tarefas de roza no municipio ourensán de Muíños caeu á auga no encoro das Cunchas, segundo informaron fontes dos servizos de emerxencia.

O condutor do vehículo puido abandonar o habitáculo do camión polos seus propios medios e foi atendido polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061 ao sufrir un golpe na cabeza.

O suceso produciuse ás 12,50 horas deste luns na parroquia de Barxés, onde o camión caeu ao río Limia cando circulaba por unha pista forestal. Ata a zona desprazáronse axentes da Garda Civil e Seprona para verificar se se produciu algunha vertedura e estudar a forma de retirar o camión da auga.

Obras de roza de estradas provinciais.. DEPUTACIÓN DE LUGO
Obras de roza de estradas provinciais.. DEPUTACIÓN DE LUGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta