A contratación en hostalaría crece un 60% en Galicia no que vai de ano

Pontevedra e A Coruña lideran os volumes de firmas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2022 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 75.335 contratos en hostalaría durante o primeiro semestre do ano, un 60% máis que os 47.081 do mesmo período de 2021, segundo un informe de Randstad con base en datos do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

No entanto, este incremento está nove puntos porcentuais por baixo da media do Estado (69,1%). O volume de contratos rexistrado en Galicia supón o 4,6% do total que se rubricaron en España.

Por provincias, Pontevedra (30.126) e A Coruña (29.561) lideran os volumes de contratación en hostalaría, seguidas por Lugo (9.733) e Ourense (5.914). En canto a incrementos con respecto ao semestre de 2021, A Coruña encabeza os incrementos (82,2%), por diante de Lugo (80,7%), Ourense (52,2%) e Pontevedra (39,6%).

Ademais, Randstad prevé que a campaña de verán xerará 33.720 contratos en Galicia, un 1% máis que en 2021, cando se asinaron 33.376. A variación experimentada en Galicia será 3,3 puntos porcentuais superior á media estatal (-2,2%).

A nivel provincial, Pontevedra, con 14.350 firmas, liderará os volumes de contratación de Galicia, seguida da Coruña, que rexistrará 13.220 contratos, respectivamente. Pola súa banda, Lugo rexistrará 3.820 e Ourense, 2.330 contratos.

No que se refire a variación con respecto á pasada campaña, Lugo experimentará a maior subida (10,9%), seguida de Ourense (5,4%) e A Coruña (1,3%), mentres que Pontevedra experimentará unha caída (-2,2%).

Interior dun bar en Santiago de Compostela a 4 de decembro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Interior dun bar en Santiago de Compostela a 4 de decembro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta