Severino Rodríguez (BNG): "Hai que apostar por listas non excluíntes"

O alcalde de Monforte defende listas aposta por "explorar novos camiños", con forzas galegas e non só galegas como Esquerda Unida ou Podemos. "Non existe ningunha contradición con esta postura", suliñou.

Por Galicia Confidencial | Monforte | 24/08/2014 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

Listas non excluíntes e explorar pactos con outras forzas nacionalistas ou estatais. Ese é a proposta do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, un dos moitos rexedores do BNG que defenden esta postura que, polo momento non se votou, non conta co respaldo da maioría da dirección da formación nacionalista, en mans da UPG.

Severino Rodríguez, alcalde de Monforte
Severino Rodríguez, alcalde de Monforte | Fonte: amafer.es

Así, Severino Rodríguez insistiu na necesidade de articular candidaturas abertas nas municipais do próximo ano sen ser "excluínte" e avogou por "explorar todos os camiños", tamén con outras forzas políticas que non están radicadas unicamente en Galicia, en alusión a Esquerda Unida ou Podemos.

Precisamente, este alcalde, que forma parte dos rexedores do BNG asinantes do manifesto 'Somos Maioría', suliñou que "non existe ningunha contradición" con esta postura, pero lembra que esta discusión aínda non se deu no seo do BNG. "Cando se dea, cada un porá de manifesto o seu punto de vista e debaterase", suliñou

"Pero o importante é axudar a consolidar ideas e prácticas...O único que ten que importar a unha formación é solucionar os problemas da xente", dixo nunha entrevista na Radio Galega.

Neste sentido, sinalou que a súa formación é "total e absolutamente democrática" e así se adoptará a decisión de como conformar listas para as próximas municipais. "Poderán ser ou non acertadas as decisións que adopta a formación, pero tómanse de forma democrática", dixo.

Multa

O rexedor dun dos concellos que se declararon insumisos ao pago da subida do canon de Sogama tamén confirmou que seguirá adiante coa súa negativa mentres que "non se resolva" a vía xudicial. 

Tamén aludiu á multa que se lle impuxo, de 300 euros, no marco da súa participación nunha protesta ante o Parlamento de Galicia contra a subida do canon, indicou que a recorreu. Para Severino Rodríguez, é unha "inmoralidade" que se lle sancionou por "defender" os "intereses" do seu municipio, e atribuíuno á "forma de facer política" do PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

14 Spidercan

Non é por nada. Pero vendoo na foto, así vestido, ou é un comercial de LA VOZ DE GALICIA, ou é un prototipo de provinciano atrasado, cheo de prexuizos e cunha mente empequecida como o seu povo. Un povo que nos anos 60 do anterior século loitaba por ser algo importante, foi menguando ata se convertir nun refuxio de animais racionais en perigo de extinción. Outra cousa é que tenha parte de razón. Porque Monforte está nas últimas.

13 Ai Severino

O bo do Severino tiña que dar un paso á fronte e demostrar a súa non excluencia renunciando a encabezar el e poñendo a alguen de Pablemos ou de AJE.

12 Xico de Piñeira

Severino ben sendo un okupa no BNG. Ruas a Fraga, fontes a seleccion española, nada de normalizar o galego no concello, el mesmo presume en publico que na sua casa falan castelan, nula transparencia e casos de colocados, sempre a cabeza das procesions do nacional-catolicismo... Non choredes por quen non ten nada de nacionalista e menos de esquerda!

11 Crocas

O alcalde de Monforte non di nada distinto do que leva aplicando o alcalde antisistema de Pontevedra. Lores, o da UPG, non é nada excluínte. Meteu nas súas listas a concelleiros —Miguel Filgueira- amante da tauromaquia e siareiro entusiasta da morte dos touros. Mais tamén meteu nas listas a concelleiras que non se apeaban do español pero que, segundo el, "daban glamour" ao seu goberno. Tampouco exclúe Lores o de meter nas listas a liberadas desas que non traballaron nunca noutra cousa que non fose no aparato da UPG o do BNG. Xa que logo, Lores marca o camiño da "non exclusión".

2 Crocate_aquí

Boa resposta de A_pasta_de_ENCE. Agora toca lembrar quén foi o responsable de ter ENCE na ría a día de hoxe. Primeiro a ditadura e os intereses que tiña en darlle traballo aos empresarios cataláns; e, hoxe en día, o PPsoe, cando Magdalena A. fixo e desfixo ca ubicación de ENCE. A ver, trollistas do PPsoe anti-Lores, acordades do que se fixo para evitar pechar o ciclo do papel na ENCE Pontevedra? E agora, trollistas PPsoeiros, parvos serían quenes vos fixeran caso. Cada día dades máis asco.

3 Lourizán vive

Da pasta de ENCE e das cuotas da sección sindical da CIG de Celulosas viviron durante anos os liberados e os profesorciños do BNG. Ou é que xa non vós lembrades como Rafael Iglesias, o liberado perpetuo da CIG pontevedresa, defendía a ENCE e boicoteaba as accións da Asociación pola Defensa da Ría, desde o partido-guía?

4 Marea toxica

A pasta de ENCe engorda a comisiones peperas-AGE-IU.Anova sector españolista, Equo e Ecososcialistos. tanto o PP como a propia Caixa Galicia están levando a que se tensione máis o conflito a nivel social, servíndose para iso de sindicatos como CCOO e FIA-UGT, os cales, baixo a escusa da loita pola defensa dos postos de traballo, levan realizando unha intensa campaña en contra do traslado da factoría, campaña que posúe un claro trasfondo político, de desestabilización do goberno municipal de Pontevedra e de desgaste do equipo municipal encabezado por Miguel A. Fernández Lores, único alcalde nacionalista á fronte dunha das sete cidades galegas.

5 Gustavo

Único alcalde nacionalista protector da empresa promotora dos touros en Pontevedra, único alcalde nacionalista favorecedor de Ence (feitos contra palabreria), único e tamén etrrno alcalde nacionalista contra o que din de limitación de mandatos os estatutos do BNG (quen manda é a UPG e non se cumpren). Entre o españolismo de Severino en Monforte e a ditadura dos coroneis que se moven polo peto da secta do Partido (Uuuuuuu, que medo!) en Pontevedra. O BNG ten serios problemas cando toca poder: deixase querer!

6 PPappelón_tissú

Os feitos son, trollistas do PPsoe, que a pasta de ENCE non vai ser papel endexamáis porque non lle interesa ao goberno central. A pasta de Ence seguirá a exportarse como pasta, contaminando aquí e xerando beneficios fora, porque o quixo Magdalena e o bendice o PP. Franco puxo a ENCE en Pontevedra, Fraga a deixóu, e o PSoe cortoulle aspiracións, para que sempre sexa pouca cousa. E o PPsoe, coma sempre, botándolle a culpa aos demáis. Falando doutra cousa:¡Que ben cheira Nostián hoxe por Coruña adiante!

10 bautista do unto

Este alcalde do BNG, no último mandato,acaba de adicarlle unha rúa ao franquista Fraga Iribarne

1 Hai_untamentos_noPPsoe

Cala cala, que comparado ca fariña, o das leis para violar coma as mulleres e o Feijóo, Fraga vai millorando a súa imaxe. Imos ter que canonizalo, vendo o que temos agora, por algo este F. non era a primeira alternativa de Fraga.

2 nasBeirasdolerez

Outro alcalde do BNG, Miguel Fernández Lores, dirixente á vez da UPG, ergueu un monumento a un xeneral da garda civil, e por riba, na rúa Alexandre Bóveda.

3 Antiajetes

Pois debe ser unha estatua invisible pois nesa rúa non hai ningún monumento, ajito mintireiro. Para quen o dubide, google earth.

4 Fundido

Para ser empregado do BNG, mintes fatal. Busca o xardín que xunta a rúa Alexandre Bóveda coa avenida Compostela e alí baterás co monumento ao xeneral da garda civil. E se ti ves, pregúntalle ao esquerdista e radicalizado de Lores que alí estivera o día da súa inaguración canda o Fiscal Xeneral do Estado e o Xefe Superior de Policía de Galicia.E que Lores,o antisistema, pode facer, ao contrario dos seus, por el denostados, compañeiros do bipartito, o que quera.