Verín presume de Biblioteca Municipal tras un novo 'Premio María Moliner'

O proxecto “Voluntariado Cultural: Rapaces/as que prestan o seu tempo para fomentar a lectura” conseguiu unha das puntuacións máis altas de todo o país. "Un auténtico orgullo para os e as verineses", celebra Emilia Somoza, Concelleira de Cultura.

Por Galicia Confidencial | Verín | 22/07/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Biblioteca Municipal de Verín vén de recibir o premio María Moliner de proxectos de animación á lectura en concellos de menos de 50.000 habitantes. O proxecto “Voluntariado Cultural: Rapaces/as que prestan o seu tempo para fomentar a lectura” conseguiu unha das puntuacións máis altas de todo o país nos galardóns, organizados polo Ministerio de Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Voluntarias
Voluntarias | Fonte: os da Biblioteca Municipal. Foto: Prensa Concello de Verín.

Verín leva anos colocándose entre os primeiros postos deste concurso ao que, nesta ocasión, se presentaron 547 proxectos de toda España, resultando premiados un total de 370. O premio en metálico que obtiveron é de 2777,77 euros, cartos que irán destinados, como noutras ocasións, a mellorar aínda máis o servizo e as instalacións da biblioteca.

“Podería ter acadado unha vez máis o galardón especial ás dez mellores, mais as bases exclúen aos gañadores de anos anteriores de volver a levar a cantidade máis alta”

O mérito aínda é maior, segundo sinalan dende a biblioteca, pois “podería ter acadado unha vez máis o galardón especial ás dez mellores, mais as bases exclúen aos gañadores de anos anteriores de volver a levar a cantidade máis alta”.

Emilia Somoza, concelleira de Cultura e Festexos felicitou aos responsables da biblioteca e impulsores do proxecto polo seu labor e por ter acadado este galardón un ano máis. "Un auténtico orgullo para os e as verineses", dixo.

Voluntariado cultural con rapaces/as para o fomento da lectura

Trátase dun proxecto consolidado, que xurdiu hai trece anos e que converteu á biblioteca nun referente cultural na localidade, realizando un gran número de actividades variadas e de calidade grazas á colaboración de mozos voluntarios. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta