O Concello de Corcubión vota se anular o nomeamento como fillo adoptivo do poeta Darío Xohán Cabana

A moción preséntase a instancias da familia do escritor, que rexeitou a distinción.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/07/2022 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

O Concello de Corcubión celebra este xoves un pleno ordinario no que abordará unha proposta da alcaldía para deixar sen efecto o nomeamento como fillo adoptivo do poeta e académico Darío Xohán Cabana, decisión aprobada pola corporación o pasado mes de maio.

O escritor e académico Darío Xohán Cabana
O escritor e académico Darío Xohán Cabana | Fonte: RAG.

O Partido Socialista local presenta a moción a instancias da familia, que rexeitou a distinción a través dun documento no que a agradece pero asegura que o escritor non a aceptaría.

O alcalde de Corcubión, Manuel Ínsua, ao ser preguntado sobre a polémica suscitada por esta situación manifestou a súa intención de non facer declaracións respecto diso "ata que se celebre o pleno".

Darío Xohán Cabana, nado en Cospeito (Lugo) en 1952 e falecido en novembro do pasado ano, foi nomeado de maneira póstuma fillo adoptivo deste concello por unha iniciativa promovida pola formación Sempre Corcubión. A moción contou coa abstención do PSOE e o voto afirmativo de BNG, PP e dúas formacións independentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta