Ferroatlántica para o último forno en funcionamento en Sabón e avanza un ERTE

O presidente do comité móstrase "sorprendido" e apunta que a empresa "bateu marcas de beneficios nos primeiro trimestre do ano".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/07/2022 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

Ferroatlántica, do grupo Ferroglobe, parou a produción do último dos tres fornos que tiña en funcionamento en Sabón, no municipio de Arteixo, e avanza a negociación dun ERTE, "previsiblemente en setembro", segundo informa o comité de empresa.

Nun comunicado, alerta de que a factoría "se atopa nestes momentos sen ningún tipo de actividade industrial". A empresa comunicou aos traballadores que tomou esta decisión polos altos prezos da enerxía, principal custo de produción desta electrointensiva. Igualmente, o comité explica que a compañía prevé negociar un ERTE tanto para a planta de Sabón como a de Boo, en Santander.

O presidente do comité, Armando Plantas, móstrase "sorprendido" ante esta medida. De feito, apunta que Ferroatlántica, tras recibir axuda da SEPI por 33 millóns de euros, "bateu marcas de beneficios nos primeiro trimestre do ano e preveve que supere eses números no segundo trimestre". "Un resultados que se celebraron recentemente no 50 aniversario da planta ante as administracións locais, autonómicas e estatais", agrega.

Así, advirte da deslocalización da produción a outros países nos que Ferroglobe ten capacidade para fabricar silicio. "Unha produción baseada na fundición do cuarzo extraido das minas que a Xunta de Galicia lle ten outorgada á concesión ao Grupo Ferroglobe. É máis, dita explotación das minas multiplicouse por catro no último ano e agora mesmo ningunha das fábricas que o grupo ten en España está a beneficiarse desta extracción, a pesar de estar Ferroglobe expoliando os nosos recursos naturais", censura.

Por todo, Plantas explica que se solicitou unha reunión co conselleiro de Industria, Francisco Conde, para trasladarlle a preocupación do cadro de persoal e emprazar á Xunta a que actúe para a posta en funcionamento da fábrica.

Fábrica de Ferroatlántica (Ferroglobe) na Coruña. FERROGLOBE
Fábrica de Ferroatlántica (Ferroglobe) na Coruña. FERROGLOBE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta