Puy cre que a chegada de Rueda "deu exemplo político ao conxunto de España" de "rigor e seriedade"

Fixo un balance da actividade da Cámara galega no último período de sesións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2022 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, fixo este mércores un balance do actual período de sesións no que, por primeira vez na historia democrática de Galicia, o Parlamento tivo que afrontar unha substitución na presidencia da Xunta a metade de lexislatura, un proceso que "deu exemplo político ao conxunto de España" de "rigor e seriedade", dixo Puy.

Así, de entre todos os asuntos que a Cámara galega tratou neste período, Puy destacou a substitución na presidencia da Xunta tras a renuncia de Alberto Núñez Feijóo o pasado 29 de abril, un proceso "áxil e sen sobresaltos", exemplo do "funcionamento idóneo" das institucións, que culminou coa toma de posesión de Alfonso Rueda o 14 de maio.

"Demos un exemplo de funcionamento adecuado do Parlamento e un exemplo político ao conxunto de España de estabilidade, de rigor e de seriedade", dixo o portavoz popular, que destacou que, durante este período de interinidade, a Cámara seguiu funcionando con normalidade.

Segundo dixo Puy, no último período de sesións celebráronse preto de 160 reunións, alcanzando a cifra de 643 encontros no que vai do XI Lexislatura. A Comisión 3ª foi o órgano que celebrou máis reunións (114); seguida pola Comisión 5ª (61) e o Pleno (50).

Pedro Puy comparece en rolda de prensa para dar conta da actividade do último período de sesións.. PPDEG
Pedro Puy comparece en rolda de prensa para dar conta da actividade do último período de sesións.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta