Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2022 | Actualizada ás 21:55
A Xunta criticou que se haxa aprobadao a estratexia nacional para o lobo co voto en contra das comunidades que "albergan preto do 93% das mandas".
Así o expuxo a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que participou este xoves na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente na que se aprobou esa estratexia. Respecto diso, apunta que Galicia non pode votar a favor dun documento que, ao seu xuízo, "vai en contra da poboación rural galega", particularmente da que se dedica á gandaría extensiva.
Ademais, quéixase de que o Ministerio para a Transición Ecolóxica non tivo en conta as principais alegacións remitidas por parte do Goberno galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.