Milladoiro, capital do rock galego o venres 5 de agosto

O XI Millarock contará cos grupos The Rapants, Battosai, Biribirlocke e Chicharrón.

Por Galicia Confidencial | Milladoiro | 31/07/2022 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Todo está listo para que O Milladoiro acolla un ano máis o Millarock, unha cita consolidada no calendario do rock galego xa na súa undécima edición, continuando a aposta polas bandas emerxentes e a música en galego. O festival volve a contar este ano con aforo ilimitado e entrada libre e de balde, e celebrarase o próximo venres 5 de agosto na travesía do Porto, a partir das 21:00 horas

Oitava edición do festival Millarock
Oitava edición do festival Millarock | Fonte: Cedida

O XI Millarock, que contará cos grupos The Rapants, Battosai, Biribirlocke e Chicharrón, é un dos grandes protagonistas do cartel “Ames en Festas”, no que se suman once días de celebración no Milladoiro e Bertamiráns ao encadear as festas da Madalena e da Peregrina, do 4 ao 14 de agosto.

O Millarock é unha das citas máis asentadas no calendario cultural amesán. Xa na súa undécima edición, por este festival pasaron bandas consolidadas na escena galega, como Terbutalina, Bala, Nao, Zënzar, Dios Ke Te Crew, Agoraphobia, Heredeiros da Crus, Medomedá ou Familia Caamagno, entre outras.

Ademais, e como é habitual nos últimos anos, o Millarock será unha das grandes citas das festas da Madalena do Milladoiro, que este ano se celebran do xoves 4 ao martes 9 de agosto. Deste xeito, o final destas coincidirá co comezo das festas da Peregrina de Bertamiráns, que irán do martes 9 ao domingo 14, sumando once días de celebracións seguidos nos dous núcleos principais do concello.

A programación ao completo de ambas festas compón o cartel “Ames en Festas”, no que colaboran o Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e a Xuntanza de Empresarios de Ames.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta