Novas queixas dos hostaleiros: "os locais están cheos, as caixas son as mesmas, pero o beneficio é moito menor"

Hostaleiros de Santiago ven "graves problemas de rendibilidade" no sector polo aumento da inflacción e a guerra de Ucraína.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Hostalaría Compostela asegura que a pesar de que as cifras deste ano son parecidas ás do 2019, os beneficios están a resultar "moito menores" e observa "graves problemas de rendibilidade" no sector. "Os locais están cheos, as caixas son as mesmas, pero o beneficio é moito menor" sinalou o presidente da asociación, Thor Rodríguez.

Nun comunicado, explicou que nos últimos meses tanto os datos de ocupación de hoteis e pensións como o servizo que ofrecen bares e restaurantes de Santiago e da súa comarca móvense en cifras similares a antes da pandemia da covid-19, pero "gran parte do sector está a ter graves problemas de rendibilidade".

A entidade achaca esta situación a varios factores, entre eles, que moitos establecementos de hostalaría enfróntanse nestes momentos ao pago dos créditos ICO pedidos durante a pandemia. Ademais, sinalou o "brutal incremento" de custos enerxéticos e de subministración, así como unha inflación que supera o 10%. "Están a facer moito dano a uns negocios que viñan de pasalo moi mal nos últimos dous anos", remarcou.

Doutra banda, a asociación detectou que "está a cambiar o consumo" e, neste sentido, detallou que "familias que saen a comer fóra, pero non piden sobremesa" ou xente que sae a tomar algo pola noite e "pide cervexas en lugar de copas".

ALOXAMENTOS ILEGAIS

Por outra banda, Hostalaría Compostela indicou que aínda que os datos de ocupación hoteleira "superan de media o 80%", algúns establecementos "están por baixo do esperado nun verán de Ano Santo como este".

Neste caso, a entidade atribúe este problema ao "excesivo excursionismo" e tamén á "existencia dunha ampla oferta de aloxamento turístico ilegal" que, na súa opinión, "convén regular".

Arquivo - Un tuno afina un instrumento na terraza dun bar en Santiago de Compostela, a 9 de outubro de 2021, en Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un tuno afina un instrumento na terraza dun bar en Santiago de Compostela, a 9 de outubro de 2021, en Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta