As ameazas de Yolanda Castaño pechan os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’

A publicación de referencia no humor gráfico da internet galega, os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’, pechou hoxe. A razón, as ameazas legais lanzadas pola poetisa e comunicadora Yolanda Castaño. Os ‘Aduaneiros sen Fronteiras’ publicaran unha animación na que os internautas podían vestir e desvestir a Castaño.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/10/2007 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

Os Aduaneiros recibiron unha carta do avogado de Castaño na que ameaza cunha "demanda xudicial por delitos de inxurias con publicidade". Os humoristas decidiron pechar a popular páxina "mentres o noso lexítimo dereito á liberdade de expresión non se vexa a salvo de coaccións xudiciais fóra de lugar".

Dáse a circunstancia que Yolanda Castaño ten colaborado con moitos medios de comunicación, entre eles La Voz de Galicia, A Nosa Terra, El Progreso, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, El Mundo e Galicia Hoxe. Na actualidade é responsábel da tenda do Grupo Sargadelos na Coruña.

En todo caso, as novos chistes gráficos duns dos autores dos Aduaneiros, Berto Yañez, seguen en liña na súa web Ber.to.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

22 galicia/galiza/etc

Apreciada Marta:

Non estou falando das mulleres en xeral. Calquera persoa pode entendelo. Estoume a referir a divina. NON SEXAS DEMAGÓXICA.

21 marta

Moi ben Galiza/Galicia, ou sexa que as mulleres só precisamos cartos pra mercar roupiña e pinturas, ahá. Non defendo a Iolanda, non me parece ben o que fixo, pero se fose un home non sería tan criticada.

20 galicia/galiza/etc

En primeiro lugar aclarar que Yoli abúrreme moitísimo. En xeral. A súa reacción ante a humorada dos Aduaneiros parece pueril xa que, coma personaxe público que é, ten a obriga de soportar as críticas e chistes que lle poidan afectar (véxase o caso da polémica portada de El Jueves con Felipe/Letizia). A pesar disto, ¿ten ela a culpa (directa) da traición dos de Sargadelos a Isaac Díaz Pardo? ¿Conspirou cos traidores? ¿Cravoulle a daga a Isaac? Coido que non. Coido que o único que se lle pode acusar é de formar parte da estructura e, sobre todo, da imaxe pública dese novo Sargadelos. Esta posible falta de coherencia de Yolanda (e digo falta de coherencia aínda que descoñezo que fixera público algún ideario ético persoal) repítese en moita xente pertencente a estes grupos humorístico-satíricos, reintegracionistas, etc. E refírome á cantidade de, por exemplo, funcionarios que integran estes grupos. Seguramente tamén, aínda que dun xeito máis anónimo, tampouco son tan coherentes na vida real en comparación dos chistes-humoradas-reflexións que publican nas súas webs. Sí, Sandino currou para a United Fruit pero... jejeje... necesitaba pasta. Tamén os que cobran das Xunta o do Estado Español necesitan pasta... En fin, necesita tamén moita pasta para trapitos e manter o seu estuche da Señorita Pepis ben surtido. Por certo, vaia poemas que fas (no meu modesto entender)...

19 puuuf

E CANDO IOLANDA "ACONSELLOU A MARTA A QUE SE DEPILAR AS CELLAS" ¡¡¡¡¡ISO NON É METERSE COA XENTE!!! nunha entrevista?

18 Edu Ardo Poundale

Anecdotario de Pablo: Cuando cursaba sus estudios en la Escuela de Practica Juridica disque en un caso practico se referían al demandante como "actor" (palabro usual en jerga jurídica) y el tio pregunto escandalizado por que se usaba esa palabra actor si el caso no se refería a ninguna obra de teatro o pelicula.