A Xunta pretende reactivar as comarcas ardidas con paquetes turísticos

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/08/2022 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

Co obxectivo de recuperar a actividade turística no Courel (Lugo) e Valdeorras (Ourense) tras os incendios, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou un convenio asinado coa Asociación Galega de Axencias de Viaxes (Agavi), polo que se destinarán 90.000 euros para a creación de novos produtos turísticos nas localidades afectadas.

Cartel de entrada a Folgoso do Courel afectado polos incendios
Cartel de entrada a Folgoso do Courel afectado polos incendios | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Así o comunicou Castro no marco dunha reunión este xoves en Folgoso do Courel con representantes municipais e do sector na que se expuxeron diversas liñas de actuación para "favorecer" a recuperación turística das zonas afectadas polos incendios.

Neste sentido, o convenio da Xunta subscrito coa Agavi, creará 45 paquetes turísticos cun investimento de máis de 90.000 euros para "atender á pronta recuperación destas comarcas" e "contribuír a manter a actividade económica do territorio", segundo explicou a Xunta nun comunicado.

Desta forma, os paquetes estarán orientados aos espazos naturais, ao turismo ornitolóxico, ao turismo activo e ao turismo de aventura en seis categorías. Ademais, desenvolveranse produtos turísticos que axuden á "posta en valor" do patrimonio, como a enogastronomía, o turismo industrial ou o Camiño de Inverno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O turísmo do Carallo !