Temas: FESTAS HISTORIA

Regresa a Batalla Naval da Coruña

Será este domingo na enseada do Orzán, con 12.000 unidades pirotécnicas.

Por E.P. | A Coruña | 11/08/2022 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

A Batalla Naval da Coruña, con 12.000 unidades pirotécnicas,volve este domingo á enseada do Orzán. O espectáculo, que terá unha duración superior aos 20 minutos, inclúe a utilización de un total de 734 quilos de lumes pirotécnicos.

Batalla Naval da Coruña
Batalla Naval da Coruña | Fonte: Concello da Coruña.

Será a partir das 23,30 horas e regresará ao Orzán tras dous anos pola pandemia. Como é habitual, disporanse dúas zonas de disparo dos lumes.

A principal estará situada na coraza das Escravas, desde onde se lanzarán máis de 8.000 unidades pirotécnicas, cun npeso de case 611 quilos. A segunda zona de disparo será a do Matadoiro, onde os máis de 123 quilos de lumes pirotécnicos permitirán o lanzamento de case 4.000 elementos.

O espectáculo desenvolverase en 15 diferentes fases de disparo, cunha duración aproximada de minuto e medio cada unha, nunha proposta que a empresa encargada definiu como "orixinal e impactante".

Temas: FESTAS HISTORIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta