A Lei do ciclo integral da auga entrará en vigor o 1 de setembro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2022 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

A Lei do ciclo integral da auga entrará en vigor o próximo 1 de setembro despois de publicarse este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG). O obxectivo desta nova norma é "axudar aos concellos a xestionar o servizo de forma ordenada e planificada".

Segundo destacou a Xunta, con esta nova lei porase a disposición dos municipios instrumentos para profesionalizar os servizos, de forma que os técnicos municipais contarán con programas de formación periódica e directrices que lles servirán de guía. Ademais, as localidades que o desexen, poderán ceder a xestión das infraestruturas hidráulicas á Xunta.

Así mesmo, a administración autonómica asegurou que "contribuirá a evitar a chegada de augas brancas ás depuradoras, que funcionen mal ou que haxa fugas nas redes municipais" que, segundo sinalou, "nalgúns concellos alcanzan o 80%".

Por outra banda, nunha comunicado a Xunta explicou que a normativa suporá aplicar unhas tarifas "transparentes e homoxéneas" en toda Galicia, que "respectan a autonomía municipal e non supoñen incremento de tarifas nin imposición de ningún tipo".

Deste xeito, resumiu a administración autonómica, establécese un marco normativo para "blindar a calidade nos servizos, a eficiencia na explotación das infraestruturas hidráulicas e a viabilidade económica dos sistemas", que marcará "un antes e un despois" na calidade dos servizos da auga aos cidadáns e no coidado das rías e dos ríos.

Auga da billa / Europa Press. / Europa Press
Auga da billa / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta