Temas: MúSICA

Summer must go on

As vacacións de verán continúan para moitos festivais por todo o territorio galego. Este fin de semana estréanse dúas novas citas coa música alternativa e independente: o Festival Osa do Mar en Burela, na Mariña lucense, e WOS INC en Santiago. Acompáñanse doutras propostas con varios anos de traxectoria como SonRías Baixas, o Festival da Luz e Outono Códax Festival. Seguen a música, a cultura e a diversión, para maiores e pequenos.

Por Ursula Neilson | Santiago | 11/09/2014 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Kiko Amat
Kiko Amat
Imaxe do Festival da Luz 2013 / Foto: www.festivaldelaluz.es

A iniciativa cultual máis ambiciosa de setembro é WOS INC, unha proposta da productora compostelana Work on Sunday que ofrece aos residentes e visitantes da cidade tres días de concertos, charlas, exposicións, espectáculos… Entre as propostas para os próximos días atopamos o encontro ‘Humor nas trincheras’ no que participará Xabier Puig (director de El Mundo Today) e El Hematocrítico, entre outros expertos en usar o humor para axitar conciencias. O novelista e xornalista cultural Kiko Amat falará sobre o uso da primeira persoa no xornalismo musical dentro do coloquio “O primeiro foi mellor” e presentará o seu espectáculo “¡Pelea!” Son só algunhas propostas deste evento, unha “incubadora de ideas” multidisciplinar e urbano en palabras dos seus organizadores.

552139_396151673825712_999837618_n

Kiko Amat, que estará no WOS INC co seu espectáculo '¡Pelea!'

O Festival Osa do Mar (Burela) inaugúrase tamén este fin de semana cun amplo cartel de pop-rock galego e complementa a súa programación cun campionato de surf e demostracións de BBT e BMX, sesións de graffiti e un obradoiro de música para nenos.

Entre os festivais veteranos, o Festival da Luz, que este sábado e domingo trae á casa natal de Luz Casal, na pequena aldea de Andabao (Boimorto, Arzúa), artistas tan diversos como Kepa Junkera, Uxía ou Antonio Orozco. Ademais dos concertos haberá un mercado e unha zona infantil con actividades especiais para os pequenos. A entrada para os menores de 12 anos é gratuíta. En todo caso, a recadación das entradas destinarase a ASEM (Asociación Española de Enfermedades Neuromusculares).

Goran Bregovic
Goran Bregovic

552139_396151673825712_999837618_n

Goran Bregovic, que estará con The Wedding And Funeral Orchestra no XVIII SonRías Baixas

O festival máis maduro dos que propoñemos aquí elixe tamén setembro para a súa celebración. Estamos a falar do SonRías Baixas, un proxecto da Asociación Troula na Banda e que celebra a súa XIII edición coa música de inspiración xitana e búlgara de Goran Bregovic, as letras críticas da banda valenciana La Raíz; SKA-P, Reincidentes e Txarango, entre outros. Todo nun entorno privilexiado, no municipio costeiro de Bueu.

Este mes tamén comeza o Outono Códax Festival, impulsado por A Raíña Produccións e A Reixa. Tres concertos en tres fins de semana de setembro e outubro con bandas de referencia internacional do soul, rock ’n roll, R&B e funk. Os suscritores de Galicia Confidencial teñen a oportunidade de conseguir entradas gratis para escoitar, entre outros, a Irma Thomas (a “raíña do soul de Novo Orleáns”), a banda británica de swing Ray Gelato & The Giants, ou ao estadounidense Sonny Knight.

Summer must go on!

552139_396151673825712_999837618_n

Imaxe do Festival da Luz 2013 / Foto: www.festivaldelaluz.es

Imaxe do Festival da Luz 2013
Imaxe do Festival da Luz 2013 | Fonte: festivaldelaluz.es
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta