A Garda Civil podería multar os bombeiros que superaron límites de velocidade para chegar aos incendios

A Xunta podería evitar o trámite pero, segundo FAC-USO, non o está a facer.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2022 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira (FAC-USO) denunciou que están a chegar aos distritos forestais propostas de sanción, a instancia da Garda Civil de Tráfico, por exceso de velocidade, cando os efectivos acudían ás emerxencias. O sindicato apunta que "o máis curioso" é que "desde os distritos forestais están a limitarse a identificar o condutor do vehículo que acudiu, como motobombista, durante a súa xornada laboral, a prestar servizo na loita contra os incendios" forestais.

Con iso, a Consellería do Medio Rural "incumpre, unha vez máis, co persoal do Servizo de Prevención contra Incendios Forestais (SPIF), cando realiza simplemente un informe, pero non se presentan nin alegacións á proposta de sanción, nin tampouco se solicita a súa anulación debido a que o motobombista cometía un exceso de velocidade por acudir, o máis rápido posible, á zona onde se produciu un incendio forestal".

FAC-USO apunta que, "nalgún caso, chegóuselle a dicir ao condutor que son cen euros, pero que é mellor que a pague, porque así se lle queda só en cincuenta euros", cando o acollerse ao pago reducido implica, e supón, na práctica, "a imposibilidade de poder recorrer".

"Parece obvio que nunha situación de emerxencia, cun rotativo posto, cando o condutor circulaba pola autoestrada ou pola autovía para acudir o máis urxentemente posible ao lugar do territorio galego que estaba a arder, resulta xustificable que se dea traslado aos servizos xurídicos da propia Consellería do Medio Rural para que formulen, en todos os casos, os pregos de descargos correspondentes", destacan.

Bombeiros traballan na extinción dun incendio forestal iniciado en Boiro, a 6 de agosto de 2022
Bombeiros traballan na extinción dun incendio forestal iniciado en Boiro, a 6 de agosto de 2022 | Fonte: César Arxina - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta