O Globo de Betanzos, o máis grande do mundo, percorreu 26 quilómetros ata rematar en Ordes

Por E.P. | A CORUÑA | 19/08/2022 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Os restos do Globo de Betanzos, considerado o máis grande do mundo e que foi lanzado a pasada madrugada durante a celebración das festas do municipio coruñés, foron localizados en Ordes despois de percorrer 26 quilómetros.

Segundo informa o consistorio, o equipo de Protección Civil de Betanzos foi o encargado de facer, durante a madrugada, o seguimento do aeróstato que caeu no municipio coruñés ao redor das 01,39 horas.

O lanzamento do Globo congregou nesta ocasión a unhas 50.000 persoas na praza García Hermanos, nunha xornada na que coincidiu coa celebración da primeira xira dos Caneiros, ao non poder lanzalo o día 16 debido ao tempo.

Nun comunicado, o goberno local de Betanzos destaca o comportamento da xente durante toda a xornada e o funcionamento do dispositivo de seguridade, con presenza de Protección Civil, Policía Local, Cruz Vermella e Garda Civil.

Arquivo - Globo de Betanzos. CONCELLO DE BETANZOS - Arquivo
Arquivo - Globo de Betanzos. CONCELLO DE BETANZOS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta