Galicia perde máis de 100 autónomos ao mes e o colectivo alerta: "o peor está por vir"

A Federación de Autónomos de Galicia reclama un "cambio radical nas políticas públicas", sobre todo en materia enerxética, económica e fiscal, "que reforce a produción propia de todas as fontes de enerxía dispoñibles".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2022 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

A Federación de Autónomos de Galicia emitiu este sábado un comunicado para alertar da situación "dramática" que vive o colectivo, que perdeu ata xullo máis de 100 integrantes cada mes e que, considera, "o peor está por vir". Segundo os datos do Goberno central, apuntan desde a federación, Galicia pechou o mes de xullo con 208.020 autónomos, o que supón que, desde xaneiro, perdeu 789 persoas autónomas en cifras netas, uns datos "alarmantes" cunha tendencia que "empeora cada día".

"España é a única economía da Unión Europea que non recuperou o PIB pre-covid, a morosidade aumenta un 42% no primeiro trimestre do ano, o período medio de pago das facturas aumentou uns 83'9 días de media desde o inicio da pandemia, o final da moratoria concursal disparou os concursos de acredores nun 58%, mentres a creación de empresas en Galicia cae nun 33%, e a débeda pública bate a súa marca histórica e supera xa os 1'47 billóns de euros", apunta o colectivo.

A este "cóctel explosivo", destacan, engádese "unha inflación do 10 por cento", o prezo e a escaseza de enerxía, a "retracción do consumo" e "unha elevadísima presión fiscal", entre outras cuestións, que fan do panorama algo "realmente desolador".

Ante esta situación, a Federación de Autónomos de Galicia reclamou un "cambio radical nas políticas públicas", sobre todo en materia enerxética, económica e fiscal, "que reforce a produción propia de todas as fontes de enerxía dispoñibles", unha "profunda reforma fiscal con rebaixas impositivas", unha "redución drástica do gasto público" e "unha moratoria na aplicación do sistema de cotización por ingresos dos autónomos".

Un autónomo bota o peche do seu negocio tras a súa xornada laboral. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo
Un autónomo bota o peche do seu negocio tras a súa xornada laboral. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta