A Xunta porá en marcha un Filme Comission para consolidar Galicia como estudo de cinema

O titular de Cultura fixo este anuncio durante a súa visita ao set de rodaxe da segunda tempada de 'Operación Marea Negra', na Fábrica de Armas da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2022 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anunciou este sábado a próxima posta en marcha por parte da Xunta da plataforma Galicia Filme Commission, como ferramenta dixital ao servizo das empresas e profesionais do audiovisual "para continuar captando rodaxes que xeren riqueza e emprego e que promocionen a industria cultural galega".

Esta nova medida do Hub Audiovisual da Industria Cultural busca consolidar Galicia como estudo de cinema e televisión e, como sinalou o conselleiro, "avanza na decidida aposta do Goberno galego nos últimos anos a favor da recuperación e impulso deste sector".

O titular de Cultura fixo este anuncio durante a súa visita ao set de rodaxe da segunda tempada de 'Operación Marea Negra', na Fábrica de Armas da Coruña. A segunda tempada desta serie de Ficción Producións para Prime Vídeo conta cunha subvención de 350.000 euros a través do fondo para a atracción de rodaxes, outra das iniciativas do Hub Audiovisual encamiñadas a converter Galicia nun escenario habitual de producións cinematográficas e televisivas.

A Galicia Filme Commission, cuxo desenvolvemento e mantemento se atopa en fase de licitación por un importe de case 400.000 euros, porá en valor toda a cadea da industria audiovisual galega con novas ferramentas e utilidades para que os profesionais deste ámbito poidan ofrecer os seus servizos e atopar os recursos que necesitan.

Ao mesmo tempo, facilitarase o intercambio e o traballo conxunto entre o sector público e o privado e promocionarase unha maior proxección exterior da imaxe de Galicia e do seu audiovisual.

Román Rodríguez visita a rodaxe de Operación Marea Negra.. XUNTA
Román Rodríguez visita a rodaxe de Operación Marea Negra.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta