Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2022 | Actualizada ás 14:14
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que o Consello de Ministros aprobará mañá martes a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, coñecida como zona catastrófica, aos territorios afectados por grandes incendios este verán.
Sánchez visitou a zona afectada polo incendio no termo municipal de Teresa xunto ao 'president' da Generalitat, Ximo Puig; o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska e a delegada do Goberno, Pilar Bernabé. Previamente, reuníronse en Viver cos alcaldes dos municipios afectados.
O presidente sinalou que os incendios de "nova xeración" esixen reformular a maneira de traballar neles. Por iso, pediu o apoio de todos os grupos políticos ao real decreto lei que pretende fortalecer o sistema nacional de protección civil. Ademais, pediu evitar facer "confrontación partidista" respecto ao incidente ferroviario en Bejís, que nestes momentos se atopa en investigación xudicial.
Sánchez lembrou que este foi o verán máis caloroso desde 1961 e sinalou que xa se calcinaron máis de 222.000 hectáreas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.