Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2022 | Actualizada ás 19:04
A USC abordará a problemática de Palestina e Israel. Será na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago qie acollerá os días 6, 7 e 8 de setembro o curso de verán 'Diálogo co mundo árabe: Os dereitos humanos', actividade organizada pola USC, cofinanciada pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e o Concello de Santiago, e que forma parte da programación dos cursos de verán.
Segundo informan os seus promotores, con esta acción preténdese "sensibilizar a conciencia solidaria" da sociedade galega sobre a situación do pobo palestino "por mor da ocupación do seu territorio" e tamén potenciar canles de diálogo entre este pobo e o pobo xudeu. "Ao mesmo tempo, o curso quere contribuír a mitigar a lóxica binaria e a polarización entre 'eles e "nós' que provoca a creación de prexuízos duns respecto dos outros, e condiciona negativamente a relación entre Oriente e Occidente", engaden.
Un dos directores do curso, xunto aos profesores da USC Carmen Mellado e Xurxo Salgado, o oftalmólogo e escritor activista sobre a causa árabe Mohamed Safa explica que a organización pretende que esta actividade se converta nun ciclo de charlas anuais da USC ao traer a relatores israelís, palestinos e intelectuais do mundo árabe para aproximar o mundo árabe a Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.