Por Europa Press / Redacción | MADRID | 25/08/2022 | Actualizada ás 13:07
O presidente de Vox, Santiago Abascal, desexoulle a macarena Olona unha "pronta recuperación" pero non a acompañará a próxima semana no Camiño de Santiago que anunciou porque eses días ten "cousas que facer"
A exdiputada de Vox Macarena Olona, que abandonou a política a finais de xullo alegando motivos de saúde, reapareceu a pasada semana na rede social Twitter anunciando a súa intención de iniciar a próxima semana o Camiño de Santiago desde Sarria (Lugo) e convidando os seus seguidores a acompañala nesta travesía de máis de cen quilómetros a pé, incluso correndo cos seus gastos.
En declaracións no Congreso, Abascal dixo que non se sumará a ese percorrido porque ten "cousas que facer eses días", pero en todo caso desexa a Olona "un bo camiño e unha pronta recuperación".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.