Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2022 | Actualizada ás 13:59
O incendio que afecta desde a noite do mércores ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés no municipio de Lobeira foi estabilizado na tarde deste venres. Diso informou a Consellería do Medio Rural a través dun comunicado no que mantén 560 hectáreas como a superficie queimada desde o seu inicio, ás 21,15 horas do mércores.
O lume iniciouse nunha zona de difícil acceso da parroquia de San Xes de Vilariño e, aínda que nun primeiro momento presentaba unha evolución positiva, o vento complicou as tarefas dos equipos anti incendios.
"LUME INTENCIONADO"
Pola súa banda, o alcalde de Lobeira, Antonio Iglesias, destaca unha melloría este venres no incendio que afecta o parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés desde a noite do pasado mércores.
En declaracións a Europa Press, relata que nesta xornada "quedan ardendo troncos e raíces, pero o demais vese apagado". "Nun primeiro momento", houbo complicacións ao non poder traballar os medios aéreos, co encoro das Cunchas con néboa, pero a situación cambiou coa súa entrada en acción.
Sobre a causa do incendio, sostén que este lume "non é alleo á maioría", xa que "empezou despois das nove da noite para que non poidan operar medios aéreos". "Os indicios, o que se fala, é que houbo intención", afirma, aínda que se remite ás investigacións que leven a cabo os técnicos.
MEDIOS
Ata o momento traballaron na zona un técnico, 37 axentes, 103 brigadas, 57 motobombas, catro pas, unha unidade técnica de apoio, once avións e 13 helicópteros.
Coa chegada dos servizos de emerxencia comezaron a publicarse as primeiras imaxes do suceso.
Primeras imágenes del incendio de Lobeira, Xurés #IFSanXesLobeira a la llegada de #Brif Laza. pic.twitter.com/f9wj8YeDWx
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 25, 2022
Otra perspectiva del aspecto que presenta el incendio de Lobeira, Xurés #IFSanXesLobeira visto desde uno de los helicópteros de #Brif Laza. pic.twitter.com/eIP2ufiPHA
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 25, 2022
#Brif Laza trabajando en incendio de Lobeira, Xurés #IFSanXesLobeira
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 25, 2022
Imágenes hablan por si solas. pic.twitter.com/tM5tpVlMeA
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.