Cortado o tráfico na A-6 tras perder a súa carga un camión de mercadorías en Aranga

O material quedou espallado en máis de cen metros da vía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2022 | Actualizada ás 10:18

Comparte esta noticia

A perda da carga dun camión de mercadorías obrigou a cortar o tráfico na A-6 á altura de Aranga. Aínda que non houbo feridos, os restos quedaron esparexidos sobre a vía e obrigaron a interromper a circulación.

Segundo informa o 112, tiveron constancia do suceso mediante a chamada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao redor das 4,00 horas desta madrugada. Un particular advertiu de que o camión dera varios bandazos que acabaron por provocar a caída de parte da mercadoría. Parecían ser materiais de taller, entre eles algúns fluídos que facían perigoso continuar a marcha.

Foi entón cando os servizos sanitarios, por precaución, enviaron unha ambulancia para percorrer o tramo afectado da autovía e prestar asistencia sanitaria no caso de que houbese algunha persoa afectada.

Os servizos de emerxencias procederon a cortar a circulación no punto. Unha vez alí, os efectivos do GES de Curtis advertiron que serían necesarios máis medios para despexar a vía, posto que as mercadorías, caixas de material de limpeza e de taller, afectaban a un tramo duns cen metros de autovía.

A circulación seguía cortada pasadas as 7,00 horas da mañá a partir do quilómetro 549, e foi desviada pola N-V. Os servizos de mantemento das estradas seguen neste momento traballando na limpeza do asfalto para restablecer o tráfico no menor tempo posible. Tamén participaron no operativo a Garda Civil de Tráfico, e foi informado o persoal dos Bombeiros de Betanzos.

Accidente dun camión
Accidente dun camión | Fonte: CEDIDA (HELICO SANTIAGO)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta