A Xunta demanda ao Goberno que "sexa sensible" coas familias a través de axudas para unha baixada do prezo eléctrico

O vicepresidente económico, Francisco Conde, avogou por establecer recomendacións para empresas e familias, mentres que as obrigacións deben ser para as administracións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2022 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, reclamou que o Goberno central "sexa sensible" coas familias e empresas a través de incentivos, axudas e bonificacións para unha baixada do prezo eléctrico.

Este venres, Conde participou en Pontevedra nunha xornada informativa sobre comunidades enerxéticas e autoconsumo, organizada por Cluergal. Alí, lamentou a problemática que padecen familias e empresas polo prezo eléctrico. O tamén conselleiro de Economía avogou por establecer recomendacións para empresas e familias, mentres que as obrigacións deben ser para as administracións, segundo defende.

Ademais, lembrou que a Xunta investiu 135 millóns desde 2014 na mellora enerxética de edificios, mentres que aforrou 60 millóns en facturas enerxéticas desde 2013 debido á contratación centralizada.

Así mesmo, apuntou que existe unha "demanda cada vez maior" en relación co autoconsumo. Pon o foco sobre a iniciativa para instalar a primeira comunidade enerxética nun polígono empresarial de Galicia, en Tecnópole, un proxecto mediante o que se instalarán dous megawatts de enerxías renovables.

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde. XUNTA
O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ni idea tienen¡¡¡

Claro que si hombre... porque tener una empresa pública al ser los que más producimos electricidad del estado y un recurso estratégico de cualquier economía no os vale no? Ay que esto es ser nacionalista¡¡¡¡ no me daba cuenta perdón perdón... a pedir al estado.... Qué cruz¡¡¡