O PPdeG sae en defensa dos cazadores: "loitaremos para que non se cumpra o obxectivo de estigmatizalos"

Reclamou ao Goberno central "acordar" un novo texto da Lei estatal de Benestar Animal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2022 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O PPdeG reclamou ao Goberno central "acordar" un novo texto da Lei estatal de Benestar Animal, que inclúa as achegas de expertos, asociacións e entidades implicadas, así como das Comunidades autónomas. Así o expresaron deputados da formación nunha reunión con representantes da Federación Galega de Caza celebrada en Santiago.

Os populares criticaron que o Executivo central "antepoña os seus intereses aos dos sectores afectados, pasando por encima das necesidades reais da sociedade e sen respectar tampouco as competencias de cada Administración".

"O Goberno volve demostrar que a súa vontade de diálogo é nula, impondo a súa ideoloxía a pesar de que iso signifique un ataque directo e inxustificado a unha actividade fundamental para o noso rural e para o medio ambiente", defenden. Conclúen que aínda que o Estado "desatenda" as peticións dos cazadores, eles "loitarán para que non cumpran o seu obxectivo, que é estigmatizarlos".

Un animalista (con peto amarelo) molesta a un grupo de cazadores de raposo utilizando unha bucina
Un animalista (con peto amarelo) molesta a un grupo de cazadores de raposo utilizando unha bucina | Fonte: club-caza.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta