Endesa defende a planta das Pontes coa contratación de 350 traballadores

A compañía enerxética anuncia un novo plan de investimentos de 7,7 millóns e a participación de 32 empresas diferentes.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 22/09/2014 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

7,7 millóns de euros e 350 novos postos de traballo. Ese é o investimento que Endesa realizará na revisión do grupo 4 da Unidade de Produción Térmica das Pontes (A Coruña). Unha medida coa que trata de impulsar a produción dunha das grandes plantas térmicas que existen en Galicia.

Central Térmica de As Pontes
Central Térmica de As Pontes

Estes 350 postos de traballo serán para, aproximadamente, 45 días, e no proceso participarán 32 empresas diferentes, a maior parte provedores habituais da compañía eléctrica "con arraigamento na comarca". 

Nun comunicado, Endesa apuntou que na súa selección tivo en conta "tanto a oferta económica como o compromiso na prevención de riscos laborais", xa que considera "prioritario" velar pola seguridade tanto dos traballadores propios como dos empregados alleos.

Esta supón a primeira revisión que Endesa realiza ao longo do ano 2014 na central térmica das Pontes, segundo indicou a compañía, tendo en conta que este tipo de accións prográmanse en razón de dous parámetros: alcanzar as 30.000 horas de funcionamento ou cumprirse os prazos establecidos pola lexislación vixente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Nandi

A planta mais contaminante de Europa hai anos que xa deberia estar pechada

1 Chatarrandi

Contaminan mais as outras termicas. Se a pechan ou inventan un ordenador a pedales para ti ou hai que mercar a electricidade de fora.