Caos no transporte escolar, o que faltaba para este inicio de curso

A Federación de Anpas de Compostela denuncia nun comunicado que desde o día 8 de setembro, son "moitísimos" os centros escolares da comarca de Santiago nos que o transporte escolar funciona mal

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2022 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

Federación de Anpas de Compostela denuncia nun comunicado que desde o día 8 de setembro, son "moitísimos" os centros escolares da comarca de Santiago nos que o transporte escolar funciona mal. Retrasos nas liñas, falta de autobús que cubra o servizo, autobuses que non paran en todas as paradas establecidas, que non fan o percorrido previsto ou vehículos sen tamaño dabondo para o alumnado usuario son algús dos problemas que esta asociación denuncia. 

Transporte escolar.. FEDRINTRA - Arquivo
Transporte escolar.. FEDRINTRA - Arquivo

Este tipo de problemáticas no transporte escolar fai que se "xere graves prexuízos no alumnado", xa que, segundo indica, acaban perdendo formación por chegar tarde ou por non poder ir á escola. Ademais, tamén sinala que isot provoca"alteración dos ritmos, dos hábitos, dos tempos de xantar...e por suposto nas familias, que deben interromper ou alterar os horarios laborais, para solucionar cando resulta posible a situación".

Entre os centros afectados están o IES do Sar, IES Xelmírez II, IES Eduardo Pondal, CEIP Lavacolla, CEIP A Sionlla, CEIP de Roxos e CEIP de Vite, en Santiago de Compostela, ou do CEP de Ventín en Ames, ou o CEIP Igrexa-Calo en Teo.

Ante isto, a Federación de Anpas de Compostela reclama a solución inmediata destas deficiencias, e o funcionamento correcto das liñas de transporte en tempos, percorridos, condicións e seguridade. Indica que "o transporte escolar é un dereito do alumnado de ensino obrigatorio" pero que, desta forma "llelo están roubando un chisco máis cada día".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta