Greenpeace alerta de que hai que tomar medidas para evitar o arrastre de cinzas polos incendios

Indican que este problema xa "foi observado en zonas do interior da provincia de Ourense".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2022 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

Ante o comezo do outono climatolóxico e as actuais e necesarias choivas, Greenpeace enfaitiza nun comunicado que é necesario tomar medidas urxentes para protexer o solo nas superficies forestais arrasadas, minimizar os procesos erosivos, evitar a contaminación de cursos de auga e garantir o abastecemento de auga potable en moitas localidades que dependen de augas superficiais. A organización recorda que "2022 é o peor ano en décadas, con 54 grandes incendios forestais e unha superficie queimada estimada en 300.000 hectáreas". 

Un helicóptero realiza labores de extinción no incendio forestal na Serra do Leboreiro, na paraxe de Corga de Salvante, no parque natural de Baixa Limia e Serra do Xurés, a 26 de agosto de 2022, en Serra do Xurés
Un helicóptero realiza labores de extinción no incendio forestal na Serra do Leboreiro, na paraxe de Corga de Salvante, no parque natural de Baixa Limia e Serra do Xurés, a 26 de agosto de 2022, en Serra do Xurés | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

La organización ecoloxista considera fundamental tomar as precaucións necesarias para evitar que se produza a contaminación das augas dos ríos polas cinzas. Indican que este problema derivado dos incendios forestais  xa "foi observado en zonas do interior da provincia de Ourense". Tamén recorda como isto chegou a afectar aos bancos marisqueiros das rías, como ocurriu en 2013 tras os incendios do Monte O Pindo en Carnota.

"Tras o paso das chamas, póñense en perigo os recursos hídricos polo arrastre de cinzas. Nun país con sequías e procesos de desertificación agravados polo cambio climático, a prevención dos incendios e a protección de zonas incendiadas son claves para non agravar aínda máis o problema. Para iso, necesítanse recursos que o garanticen”, aclara Mónica Parrilla, inxeñeira forestal responsable da campaña de incendios forestais de Greenpeace.

Para axudar a recuperación dos bosques, Greenpeace afirma que "é prioritario protexer o solo para reducir os procesos erosivos agravados polas choivas. Indica que as primeiras actuacións de emerxencia se deben centrar en frear os procesos erosivos actuais, controlar as posibles avenidas e posteriormente favorecer a rexeneración natural da cuberta veXetal. Ademais, tamén sinalan a importancia de reducir a siniestralidade (investigación, sensibilización, persecución do delito de incendio forestal), recordando que o 95 % dos incendios teñen orixe humano. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta