A 31ª edición do FIOT de Carballo trae a Galicia, entre outras obras, 'Silencio', de Juan Mayorga e Branca Portillo

A deste ano, que se celebrará entre o 30 de setembro e o 31 de outubro baixo a lema #VocesFIOT, apostará pola "visualización da singularidade e da identidade das compañías que conforman a programación". O festival contará con 8 estreas absolutas e 9 en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2022 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, celebra este 2022 a súa 31ª edición con 8 estreas absolutas, 9 estreas en Galicia, e outras obras de alto nivel como 'Silencio', de Juan Mayorga e protagonizada por Blanca Portillo.

A deste ano, que se celebrará entre o 30 de setembro e o 31 de outubro baixo a lema #VocesFIOT, apostará pola "visualización da singularidade e da identidade das compañías que conforman a programación".

"O FIOT celebra este ano unha firme proposta artística, na que destaca o seu gusto polo teatro de autor, a súa ambición pola calidade e diversidade e o seu compromiso con creadoras emerxentes", remarcan nun comunicado.

A sección de actividades paralelas, 'En Paralelo', acollerá dúas exposicións, dúas xornadas profesionais e outras dúas propostas culturais. Ademais, este ano o FIOT lembrará especialmente ao falecido humorista Pedro Brandariz cunha homenaxe no ciclo 'Rúa dous Contos'.

ESTREAS E ENTRADAS

'Othello'. Foto: Prensa FIOT
'Othello'. Foto: Prensa FIOT

Serán primicia en Galicia, entre outras, '70 anos: Leo Bassi', 'A vontade de crer', a última obra de Pablo Messiez, 'Mundo para lelos', de Óscar Terol, ou 'Beautiful Stranger', de La Caja Flotante. E chegan como estreas absolutas, entre outras, 'Wombo Combo', de Galeatro; 'Patrón', de Alberte Montes, ou 'Pirolíticos', de Mofa e Befa, que celebran o seu 30 aniversario. Precisamente para conmemorar este feito, tamén levará a cabo unha exposición 'Trinta anos de Mofa e Befa' e Evaristo Calvo recibirá o galardón Xograr de Outono 2022, entre outras actividades.

Polo Programa de Sala tamén pasará a nova creación do Centro Drámatico Galego e Ainé, 'Recortes, caneos e outras formas de driblar', dirixida por Perico Asorey, con Xose A. Touriñán e con texto de NachoCarretero; ou 'Sambuseck', con Imparable.

Os abonos e entradas para a 31ª edición do FIOT sairán á venda nos vindeiros días a través da páxina web oficial www.fiot.gal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta