Un total de 2.176 explotacións apícolas recibirán axudas da Xunta para mellorar a produción

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2022 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural fixo pública este luns a resolución da convocatoria de axudas á apicultura que concede a 2.176 explotacións apícolas para mellorar a produción, así como a asistencia técnica, tanto a persoas como a organizacións de apicultores e á loita contra as agresións e enfermidades das colmeas.

No Diario Oficial de Galicia (DOG) poden consultarse as subvencións outorgadas a 24 beneficiarios, aos que o Goberno autonómico destinou máis dun millón de euros. Segundo trasladou a Xunta, as axudas foron concedidas en réxime de concorrencia competitiva e están asignadas tanto a particulares titulares de explotacións apícolas como a asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia.

En canto ás accións que inclúen estas axudas atópanse contratación de persoal técnico e de especialistas para prestar información e asistencia ás persoas apicultoras.

Ademais comprenden, en relación á loita contra as enfermidades das abellas, a adquisición de tratamentos quimioterápicos e outros compatibles coa apicultura ecolóxica contra a varroasis; a alimentación das abellas, para mellorar a vitalidade da colmea, e a renovación ou purificación de cera; e a adquisición de métodos para a captura, eliminación e control da abella velutina.

En total, serán 24 os adxudicatarios destas axudas, dos cales nove son asociacións apícolas. Desta forma, beneficiaranse destas axudas 2.176 explotacións apícolas con máis de 187.000 colmeas.

Abellas
Abellas | Fonte: Fonte: UVigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta