A vacina da gripe ofrecerase coa cuarta dose da covid en Galicia, sinala Rueda

A vacina contra o coronavirus inclúe as dúas varias de ómicron. Cando conclúa a cuarta dose ao colectivo de maior risco por idade, comezará a administración destas inxeccións para o persoal sanitario e sociosanitario, como colectivos profesionais de maior risco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2022 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que Galicia ofrecerá a vacina da gripe ao mesmo tempo en que se administre a cuarta dose da covid-19, que inclúe dúas variantes de ómicron. En todo caso, non significa que a campaña en xeral se adiante, senón que se simultaneará para aquelas persoas que así o queiran, co fin de porse as dúas picadas no mesmo acto sanitario.

O luns, a Comunidade galega arrincará a campaña da cuarta dose en residencias, nas que se prevé dispensar 21.000 dose para os galegos en centros sociosanitarios.

As previsións que manexa a Xunta é que no prazo de dúas semanas poderán estar totalmente administradas as doses nestes centros, momento en que arrincaría a campaña da cuarta dose para os maiores de 60 anos, empezando polos de 80.

Inicialmente, está prevista facela ao completo nos denominados 'vacunódromos', aínda que en días pasados o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, recoñeceu que habería 'repescas' para os maiores que non poidan desprazarse ou teñan dificultades para facelo aos grandes centros de vacinación (nas anteriores campañas púñanse a vacina nos centros de saúde de referencia).

Cando conclúa a cuarta dose ao colectivo de maior risco por idade, comezará a administración destas inxeccións para o persoal sanitario e sociosanitario, como colectivos profesionais de maior risco.

VACINA CON MÁIS VARIANTES

Rueda lembrou que a cuarta dose da vacina que se administrará este outono conta con protección para dúas variantes da Ómicron (a BA4 e a BA5). Para todas estas persoas, concretou Rueda, estará dispoñible tamén a vacina da gripe, que é estacional.

Ademais, na campaña da gripe deste outono estarán incorporados, como poboación diana, todos os nenos menores de cinco anos, en concreto aos que teñan idades comprendidas entre 6 meses e 4 anos e 11 meses.

Un enfermeiro prepara unha vacina en Ourense / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Un enfermeiro prepara unha vacina en Ourense / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

SISTEMA DE ANESTESIA

Sen saír do ámbito sanitario, o Consello da Xunta acordou a renovación dos bloques cirúrxicos dos hospitais do sete áreas sanitarias de Galicia, que supón a contratación da subministración de sistemas de anestesia para hospitais do Sergas.

No marco do eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, Galicia investirá un total de 5.336.100 euros na compra de 98 unidades de sistemas de anestesia. Este contrato permitirá renovar o equipamento existente e incorporar a tecnoloxía necesaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta