AMI disólvese pola “debilidade” organizativa e a “represión cotiá”

A organización independentista propón facer política “fóra das asembleas” e aposta por un “novo salto cara adiante”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/09/2014 | Actualizada ás 21:49

Comparte esta noticia

"A debilidade organizativa neste momento é acusada. A nosa organización esixe un alto nivel de compromiso, leva represión cotiá e implica cambios vitais no día a día que representan todo un reto para a mocidade que se decide a asumilas". Esta é unha das explicacións que dá a organización independentista AMI para anunciar a súa disolución logo de 20 anos “de traballo”.

Unha bandeira española queimada durante os actos do 25 de xullo
Unha bandeira española queimada durante os actos do 25 de xullo | Fonte: amigaliza

A través dun comunicado anuncia un "cambio de ciclo" e “construír desde xa espazos liberados e facer política fóra das asembleas". A decisión foi adoptada na XI Assembleia Nacional; “decidimos que a historia das siglas chegue até aquí". Unha decisión que, recoñece, foi por unha “importante autocrítica” dos seus membros.

En todo caso, a organización insiste que segue apostando pola "autoorganización" da mocidade como "un primeiro paso imprescindible para a revolución. “Este paso non será un abandono, senón un novo salto cara a adiante, un non pegarse ás siglas e saber soltar lastre cando a ferramenta xa deu todo o que puido dar de si".  "Contribuímos á loita como mellor soubemos facelo, construíndo alternativas, enfrontando a opresión e resistindo dignamente a represión", aseverou.

"Este novo ciclo non é apenas final, senón o principio. É unha reformulación necesaria para traballar de maneira efectiva. Foi precisamente o traballo, a reflexión profunda a respecto da situación actual e a análise estratéxica de contexto o que nos leva a tomar esta decisión", indica esta organización que insiste na necesidade de que Galicia acade a súa “independencia".

Nos últimos anos, as forzas de seguridade do Estado detiveron a numerosos activistas de AMI aos que acusaron de pertencer a Resistencia Galega. De feito, na propia organización houbo problemas internos derivados da liña política dalgúns dos seus integrantes e de acusacións de estar inflitrados pola Policía.

Acto coa presenza de militantes de AMI
Acto coa presenza de militantes de AMI | Fonte: amigaliza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

10 Meparto

o máis simpático: declararse bruxas e lumpemproletarias... Que simpáticos.

9 Chichinabo

Alá van os 4 pelagatos de sempre, que agora xa son maiorciños, teñen muller e fillos e quedaron sen tempo para liberar a naçom oprimida

8 comunista independentista

AMI xa case non existía desde que apareceron outras organizacións xuvenís que son similares no ideolóxico (Briga, Adiante, Isca) pero con maior dinamismo, formación, disciplina e con partidos de referencia e uns obxectivos maís ou menos claros. O que fixo AMI até agora foi agonizar. Aínda así cómpre recoñecer a súa importante aportación á loita independentista galega, con erros e acertos, sobretodo na década dos 90.

7 a loita continua

o que tiña que disoverse e o AGE do vello, esta xente foi perseguida, pero a xente do bloque que leva 30 anos recibindo porrazos que... deberian de entrar en outros grupos politicos que estan activos no pais como por exemplo nos-up, en cambio os do vello vierias ages son persegidos por galegos o grupo revisionista merendiño-procesions manda o vello esta nas nubes cobrando milleiros de euros nin se enteira nin se quere enteirar... ("vieiras e como gallardon cobran milleiros de euros por non facer nada non son martires nin nada) hoxe os do pp xa vinculaban sin probas nin nada e decian do atentado como si fose non de residencia sinon do ami... asi se respeta a politica e a liberdade na Galiza, qeu non se respeta nin porras e logo o outro o felipe autoproclamouse rei dos expañois... pola cara, e a cobrar tamen como o pai o campechano que ten 1.700 millons de euros de rico reinado

1 plátano_ao_macaco

Non se entende moi ben...ponme aí 20 veces: "dame un pouquiño do teu, Miranda" a ver se é pola letra.

6 Sempre hai fenómenos

Disólvense ou dilúense? Non é o mesmo, e só pensalo é para se preocupar.