Baixan os casos activos e as persoas ingresadas con Covid en Galicia

O Sergas non notifica novos falecementos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2022 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Os pacientes con Covid-19 hospitalizados en Galicia baixan este sábado ata os 106 (-8), dos que 103 (-9) se atopan en planta, pero tres (+1) permanecen en unidades de coidados intensivos. Por outra banda, baixan tamén lixeiramente os casos activos, que se sitúan en 1.544 (-2).

Segundo as cifras ofrecidas pola Consellería de Sanidade con datos recollidos ata as 18,00 horas deste venres, 677.333 persoas contaxiáronse desde o inicio da pandemia, 140 máis que as notificadas este venres. Así mesmo, recuperáronse desde que comezou a crise sanitaria un total de 671.992 persoas, 142 máis que na última xornada.

Este sábado o Sergas non notifica falecementos con Covid en Galicia, co que se manteñen en 3.906 desde que se iniciase a crise sanitaria.

ÁREAS SANITARIAS

En relación ao número de casos activos, baixan en catro das sete áreas. Así, na de Ferrol hai 113 (-3); na de Santiago, 224 (-2); na de Lugo, 238 (-11); e na de Vigo, 236 (-7). Por contra, soben en Ourense, con 284 (+1); na Coruña, 275 (+5); e en Pontevedra, 173 (+15).

En canto á presión hospitalaria, o único distrito sanitario que notifica cambios é o de Pontevedra, que pasa a contar cunha persoa hospitalizada. Nas restantes só hai ingresados en críticos na da Coruña, que continúa con dous pacientes.

Por outra banda, a área da Coruña ten 30 pacientes en hospitalización convencional (-3); 24 (+3) están en Ourense, 11 en Pontevedra (sen cambios), 11 en Lugo (-3) e sete en Ferrol (sen cambios). Nas áreas de Santiago e Vigo son 10 os ingresados, tres menos en cada unha.

Por último, a área de Ourense notificou 35 contagios nas últimas 24 horas; a da Coruña, 25; a de Pontevedra, 21; a de Ferrol, oito; a de Santiago, 22; a de Lugo, 13; e a de Vigo, sete.

Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento en Vigo / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press - Arquivo / Europa Press / Europa Press
Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento en Vigo / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press - Arquivo / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta