Faro acusa a Lores de represarias por criticalo

Pontevedra retira a Faro de Vigo a publicidade por publicar a ausencia do alcalde do BNG dunha reunión clave para o Porto. Lores preferiu viaxar a Torrevieja a uns relatorios da DGT.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 03/10/2014 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

"El Concello toma represalias contra FARO molesto por su línea informativa", así titula a edición pontevedra de Faro de Vigo unha información moi dura contra o alcalde. O diario decano da prensa española acusa a Miguel Anxo Fernández Lores de cancelar "toda relación comercial" en represaria por ter informado da ausencia do mandatario do BNG do Consello de Administración do Porto e de, en cambio, viaxar a Torrevieja a unhas xornadas de Dirección General de Tráfico (DGT).

Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria
Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria

GC solcitou ao Concello de Pontevedra a súa versión dos feitos para incluíla nesta información, pero até o de agora non recibiu ningunha resposta dende o municipio.

Pola súa banda, Faro detalla polo miúdo a suposta chantaxe do alcalde ao medio de comunicación:

El pasado lunes el alcalde Fernández Lores por medio de su jefe de gabinete comunicaba telefónicamente a FARO que el Concello de Pontevedra suspendía un acuerdo comercial pendiente tan solo de firma y descartaba asumir cualquier otro, por la línea informativa del diario. 48 horas después, ayer miércoles, la represalia fue formalizada personalmente a la gerencia del diario en el transcurso de una reunión que estaba convocada con anterioridad. En estos términos: el gobierno de Lores da por roto todo vínculo con FARO molesto por las informaciones publicadas, y así seguiría mientras se mantenga la misma línea informativa.

El citado jefe de gabinete, Antón Prieto, en un escrito posterior enviado a la gerencia del periódico, reitera que la relación entre el Concello y el diario se rompía. "Por razóns alleas á nosa vontade, vémonos na necesidade de suspender até outro momento a campaña "Pontevedra paso a paso", que estaba a piques de iniciar a súa andaina na edición local de Pontevedra de Faro de Vigo", se puede leer en la comunicación enviada por el hombre de confianza de Fernández Lores, y en la que agrega: "Ogallá poidamos retomar axiña a nosa colaboración, que agardo sexa longa e froitífera".

A denuncia pública de Faro é excepcional. Os grandes medios en Galicia case sempre evitan que os seus lectores poidan albiscar até que punto os seus dependen en gran medida dos cartos que reciben das administracións públicas, o que condiciona loxicamente as súas liñas editoriais.

O enfado de Faro con Lores, máis alá da cancelación da campaña "Pontevedra paso a Paso",  tamén é produto de ciumes empresariais . En anteriores ocasións o goberno local pagou caderniños centrais de carácter propagandístico no seu gran rival, La Voz de Galicia.

Iso malia que Lores pertence a unha fronte nacionalista, o BNG, quen en reiteradas ocasións ten relacionado o seu retroceso electoral coas informacións publicadas na Voz. 

En todo caso, o PP local está tentando sacar partido desta polémica, criticando a Lores por ser incapaz de dar unha resposta coherente a súa ausencia do Consello de Administración no que se votaba como responder a unha sentencia que obriga a derrubar unha parte do peirao, ao que traballan centos de persoas.

O alcalde alegou que tentou delegar o seu voto nun concelleiro, pero que o Porto lle dixo que non foi posíbel. Aos conservadores parécelles demasiado inocente que Lores, con varios lustros no Concello, non soubese que non podía delegar o voto. Pola súa banda, La Voz salienta que Lores defende a "transcedencia" da súa viaxe a Torrevieja, logrando que a directora xeral de Tráfico vaia visitar a capital do Lérez. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

7 A por eles

Cando entre a Marea de IU-AGE no concello de pontevedra xa poden mellorar a xestion coas suas tarxetas blak a efectos fiscales. Medio millon de euros se funiu Moral Santin

1 Podemómetro

¿Moral Santil? 300.000 votos para Podemos

6 O Faro Confidencial

O Faro da Democracia aliado co confidencialismo, xa empregou a Mendez Ferrin cando saíra da aventura heroico militar, seguindo aos seus ancestros. Polos seus enemigos Lores acredenta a súa magnitude cívica. Viva Lores! Viva Pontevedra ! E abaixo os confidentes de onte e hoxe!!!!

1 Viva o principiño dolores!

Hai alguén máis vergonzante que os lacaios do Partido Podre? Si, os servos do P$o€. Pódese superar? Certamente, sendo un criado do Bloque ou un recadeiro do PcE! Os que nos venderon desde a falsa esquerda non teñen perdón. Son casta, son sistema, podemos librarnos dos parásitos... Os tempos son chegados!

5 Botalos en Mareira

O coach de Lores, ese que aínda non aprendeu a falar ao alcalde "antisistema", anda empeñado en que o corran de Pontevedra coma antes o fixeran con el en Oleiros. Tan engreido con iso de untar e dorar á prensa de dereitas de toda a vida da cidade, que pensou que era un infalible supermacho da comunicación. Pero agora sabe que os seus cartos públicos alegremente repartidos entre a prensa e radio local para silenciar as barbaridades autoritarias e de xestión de Lores e os seus concelleiros liberados eternos xa non valen tanto cando chegan as eleccións. Outros pagarán máis. E o que poda contar o Faro de Vigo do premio Intermodes, por exemplo, pode ser para o coach unha desgraciña...

1 copiarte

da marca de anabolizantes que traga o xardiñeiro infiel

4 Caciques fóra

Lores ten unha soberbia ridícula. Pouco vaille durar o cargo

3 Xornalismo de calidade

Non subvencionar un periodico é represalialo. Como saquearon Bankia os amigos de IU por certo.

1 LKI

Máis cartos públicos para o Pravda da U, o Sermóns Paliza.

2 Viva a liberdade!

O trotskostalinista de aldea seguro que saiu do seminario com Stalin. Sermos non é un libelo provinciano de vivan las caenas españolas, investiga e fai cultura sen as limitacións do auto odio. So o maquetado o deixa anos luz do presente pasquín.