Faro acusa a Lores de represarias por criticalo

Pontevedra retira a Faro de Vigo a publicidade por publicar a ausencia do alcalde do BNG dunha reunión clave para o Porto. Lores preferiu viaxar a Torrevieja a uns relatorios da DGT.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 03/10/2014 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

"El Concello toma represalias contra FARO molesto por su línea informativa", así titula a edición pontevedra de Faro de Vigo unha información moi dura contra o alcalde. O diario decano da prensa española acusa a Miguel Anxo Fernández Lores de cancelar "toda relación comercial" en represaria por ter informado da ausencia do mandatario do BNG do Consello de Administración do Porto e de, en cambio, viaxar a Torrevieja a unhas xornadas de Dirección General de Tráfico (DGT).

Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria
Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria

GC solcitou ao Concello de Pontevedra a súa versión dos feitos para incluíla nesta información, pero até o de agora non recibiu ningunha resposta dende o municipio.

Pola súa banda, Faro detalla polo miúdo a suposta chantaxe do alcalde ao medio de comunicación:

El pasado lunes el alcalde Fernández Lores por medio de su jefe de gabinete comunicaba telefónicamente a FARO que el Concello de Pontevedra suspendía un acuerdo comercial pendiente tan solo de firma y descartaba asumir cualquier otro, por la línea informativa del diario. 48 horas después, ayer miércoles, la represalia fue formalizada personalmente a la gerencia del diario en el transcurso de una reunión que estaba convocada con anterioridad. En estos términos: el gobierno de Lores da por roto todo vínculo con FARO molesto por las informaciones publicadas, y así seguiría mientras se mantenga la misma línea informativa.

El citado jefe de gabinete, Antón Prieto, en un escrito posterior enviado a la gerencia del periódico, reitera que la relación entre el Concello y el diario se rompía. "Por razóns alleas á nosa vontade, vémonos na necesidade de suspender até outro momento a campaña "Pontevedra paso a paso", que estaba a piques de iniciar a súa andaina na edición local de Pontevedra de Faro de Vigo", se puede leer en la comunicación enviada por el hombre de confianza de Fernández Lores, y en la que agrega: "Ogallá poidamos retomar axiña a nosa colaboración, que agardo sexa longa e froitífera".

A denuncia pública de Faro é excepcional. Os grandes medios en Galicia case sempre evitan que os seus lectores poidan albiscar até que punto os seus dependen en gran medida dos cartos que reciben das administracións públicas, o que condiciona loxicamente as súas liñas editoriais.

O enfado de Faro con Lores, máis alá da cancelación da campaña "Pontevedra paso a Paso",  tamén é produto de ciumes empresariais . En anteriores ocasións o goberno local pagou caderniños centrais de carácter propagandístico no seu gran rival, La Voz de Galicia.

Iso malia que Lores pertence a unha fronte nacionalista, o BNG, quen en reiteradas ocasións ten relacionado o seu retroceso electoral coas informacións publicadas na Voz. 

En todo caso, o PP local está tentando sacar partido desta polémica, criticando a Lores por ser incapaz de dar unha resposta coherente a súa ausencia do Consello de Administración no que se votaba como responder a unha sentencia que obriga a derrubar unha parte do peirao, ao que traballan centos de persoas.

O alcalde alegou que tentou delegar o seu voto nun concelleiro, pero que o Porto lle dixo que non foi posíbel. Aos conservadores parécelles demasiado inocente que Lores, con varios lustros no Concello, non soubese que non podía delegar o voto. Pola súa banda, La Voz salienta que Lores defende a "transcedencia" da súa viaxe a Torrevieja, logrando que a directora xeral de Tráfico vaia visitar a capital do Lérez. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

2 John McNamara

Faro silencia as represalias económicas aos medios en galego, en fin GC en campaña desde hai uns meses contra Lores. El Faro tamén fai política, por que ao igual que La Voz, tamén é a voz do seu amo. Todos a xogar contra Lores e contra o BNG, nada novo en El Faro, Galicia Confidencial, La Voz de Galicia, El Correo Gallego....e algúns inxenuos diran hoxe en día que xa estamos algúns botando a culpa aos medios, POIS SI!!!

1 DruidaGalego

La Voz, Radio Pontevedra-CadenaSer ou o Diario de Pontevedra todos eles ben untadiños pola UPG-BNG tratan moi ben ao Alcalde. Será por iso que so lle retira a publicidade institucional ao Faro...

1 Memory Call

Así que o Lores forrando ó Faro con publicidad para que o trate ben ... estes upegallos non aprenden nin depóis do que lles pasou ca Voz e o Correo cando o bipartito. A ver cando o BNGSOE se entera que os medios están co PP e non co poder.