Ofensiva de Yolanda Díaz contra as condicións laborais da industria conserveira galega

Case un 100 de empresas foron inspeccionadas por "precarización" laboral.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/10/2022 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

A ministra de Traballo e vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, desvelou este sábado a detección de "abusos contractuais" tras inspeccións a case un centenar de empresas do sector da conserva en Galicia antes de que entrase en vigor a reforma laboral do actual Executivo.

Así o explicou en declaracións aos medios antes de participar nun encontro organizado por CC.OO. en Vigo sobre as condicións laborais das traballadoras do sector da conserva e produtos elaborados do mar.

Yolanda Díaz explicou que, do mesmo xeito que noutros sectores produtivos, a Inspección de Traballo levou a cabo investigacións sobre as condicións laborais nesta industria. Así, antes da entrada en vigor da reforma laboral do pasado ano, levantáronse actas de inspección en 97 empresas galegas de conservas de peixe.

Tratábase de empresas que sumaban case 2.500 traballadores, dos que o 81 % eran mulleres, e "foron corrixidas por presuntas irregularidades, algunhas confirmadas", xa que "se abusaba da precariedade". Así, detectáronse "abusos contractuais", como uso irregular de determinadas modalidades de contrato, que se liquidaron, pasando a ser contratos indefinidos.

O PP "PRECARIZABA As ACTIVIDADES CON NOME DE MULLER"

Yolanda Díaz incidiu en que o conserveiro é un sector "profundamente feminizado" e que a reforma laboral do PP, con Rajoy á fronte, "foi pensada contra as mulleres, tiña impacto de xénero", porque "precarizaba especialmente as actividades con nome de muller", como é o caso desta industria.

"Foi unha reforma para empobrecer e baixar salarios e, neste caso, aínda máis, das mulleres que xa tiñan moi baixos salarios", aseverou a vicepresidenta segunda, que engadiu que "isto é o que está a corrixir a reforma do ano pasado, que tamén ten impacto de xénero, pero en positivo".

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz,durante un encontro con mulleres do sector da conserva en Vigo
A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz,durante un encontro con mulleres do sector da conserva en Vigo | Fonte: Javier Vázquez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta